PUBLICADA A CONVOCATORIA DUN POSTO DE LIBRE DESIGNACIÓN PARA O CORPO DE TRAMITACIÓN EN PONTEVEDRA

Publicado no  DOG e no BOE de hoxe 28/01/2026 a  Resolución do 15 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, dun posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza na localidade de pontevedra.

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

📣📣 O posto convocado é no centro de destino da Secretaría de Goberno con código XG92589000150307014.13 – Tramitación Xefatura SG en Pontevedra.

🔴 Tramitación-Jefatura SG en Pontevedra – Complemento Xeral de Posto anual 3.587,52 € – Complemento Específico anual (12 pagas) 11.318,40 € – Posto Singularizado CTPA.

👉 Dispoñibilidade horaria. Posto localizado en Pontevedra. Asistencia ó Presidente da Audiencia Provincial.

▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

🔴 Prazo de presentación de solicitudes : 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

🔴 As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

🔴 Canda a solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado.

Igualmente, xuntarase á instancia unha memoria asinada na cal, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e dos medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.

A Dirección Xeral de Xustiza ou o/a secretario/a de Goberno poderán realizarlles unha entrevista persoal ás persoas interesada.

Amplía información e accede ao resto da Resolución no seguinte enlace:


🔗 DOG  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260128/AnuncioG0759-190126-0002_gl.html

🔗 DOGA – CONVOCATORIA LD PONTEVEDRA ASISTENCIA PRESIDENTE A.P. pdf

🔗 BOE https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-2044

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA Galega!!!

FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.