Probas Celga 2, 3 e 4. Resultados provisionais

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

Celga 2: resultados provisionais das probas do día 27 de novembro de 2022

Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 2 realizadas o día 27 de novembro de 2022.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 16 de xaneiro de 2023.

Celga 3: resultados provisionais das probas do día 26 de novembro de 2022

Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 3 realizadas o día 26 de novembro de 2022.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 16 de xaneiro de 2023.

Celga 4: resultados provisionais das probas dos días 19 e 20 de novembro de 2022

Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 4 realizadas os días 19 e 20 de novembro de 2022.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de 10 días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 16 de xaneiro de 2023.

Los comentarios están cerrados.