Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

66e8e-sustituciones10/01/2020

Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 10 de xaneiro de 2020.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento:

Intranet: Avisos de desocupación

Pdf: ResolucionDX_Publicacion_Novas_Subst_10.01.2020

MODELO DE SOLICITUDE:

ANEXO II bis -Solicitude substitución

FAX 981.54.62.22  ou MAIL servicio.persoal.xustiza@xunta.gal

 

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.