NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES -11/3/26

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:83e714af-5d21-431f-a55d-3bb24def4e62

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (12, 13, e 16 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

📣📣 Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Accede á normativa 2025 que regula as substitucións: 🔗 https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

⚫ PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:
☑️ En PRAZAS XENÉRICAS:
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo e distinto centro destino.
– Corpo inferior e distinto centro destino.
☑️ PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)
– Mesmo corpo e mesma unidade.
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo, distinto centro de destino.
– Corpo inferior, distinto centro de destino.
En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.
☑️ NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:
– Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se os hai.

Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

NOVAS SUBSITUCIÓNS

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.