NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES: 11/01/23

SUBSTITUCIÓNS

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES: 11/01/23

 

 

➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería :
https://ficheiros-web.xunta.gal/xustiza/persoal/concurso-traslados/2023/20230111-resolucion-novas-substitucions.pdf

https://intranet.xustiza.gal/documents/20562/26660/20230111_ResolucionNovas_Subst.pdf/43e63566-4c73-4182-928a-6965f38570e0

🔴PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres3⃣días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.

🔴Modelo de solicitude: Anexo II👉
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es👉
Mentres non se habilite a opción de solicitude á través de OPAX , ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes faranse conforme ao anexo II, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) mediante o modelo ou solicitude xenérica co código PR004A

🔴As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.👉
O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.👉
Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS.⤵️

Los comentarios están cerrados.