IMELGA – COMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA 12/02/2026: PUBLICADA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA

IMELGA: COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 📆 12/02/2026 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase
interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
(https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo)

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.