ENVÍO E DESCARGA DE ACUSES DE RECIBO ELECTRÓNICOS DE CORREOS

Unha vez máis, SPJ-USO  Galicia consegue un avance laboral  para todos os traballador@s da xustiza galega; isto significa que o sistema de comunicación dos órganos xudiciais cos cidadáns mediante acuse de recibo “o cartón rosa de toda a vida», se vaia eliminando paulatinamente, grazas ao traballo de colaboración deste sindicato  cos servizos informáticos de xustiza de Galicia, e Correos. No día de onte publicouse na intranet o novo sistema de comunicación electrónico entre xulgado e particulares.

Queremos lembrar que grazas á colaboración de compañeir@s de xustiza que nos axudaron, ao cau e a este sindicato, imos avanzando en modernización, o que supón aforro a todos os cidadáns e fluidez organizativa.

Proba de todo iso deixámosvos o escrito presentado en setembro solicitando o que hoxe empeza a ver a luz:

solicitud-de-modernizacion-de-la-justicia interconexion correos y justicia

 

Publicada na INTRANET DE XUSTIZA entrada na que se  comunica que se habilitou para todos os órganos xudiciais de Galicia a posibilidade de enviar e descargar electrónicamente as confirmacións de recepción (probas de entrega electrónica) a través do servizo de correos, suprimíndose así as cartolinas de cor rosa.

O envío de comunicacións con confirmación da recepción a través de Correos permite a descarga do xustificante de entrega por medios electrónicos e facilita a súa incorporación ao procedemento xudicial ao que corresponda sen necesidade de escanear ningunha documentación, a través dunha simple operación informática.

Na seguinte ligazón podes acceder á Guía explicativa da xestión destas probas de entrega electrónica.

Preme para acceder: Guía para envío e descarga de probas de entrega electrónica a través de CORREOS

Ligazón INTRANET: https://intranet.xustiza.gal/documents/20562/72545/Gu%C3%ADa+probas+entrega+electronica+DXX/35fe5dd9-5ec3-4f92-9785-8fb92d66ad08

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.