ELECCIÓNS SINDICAIS OURENSE. PERMISOS RETRÍBUIDOS

Resultado de imagen de PERMISOS RETRIBUIDOSResolución relativa aos permisos retribuídos que poderán desfrutar os electores que exerzan o dereito ao voto nas eleccións sindicais de Ourense do vindeiro día 11/10/2019. A citada resolución sairá publicada no DOG o día 04/10/2019.

– Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

-Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

– Os que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.

Os compoñentes das mesas e os interventores e apoderados das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

VER RESOLUCIÓN COMPLETA:

permisos dia votacion gal

Los comentarios están cerrados.