DOGA: PUBLICADA RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS PARA A PRAZA DE XEFE/A DE SERVIZO DE ÁREA DO IMELGA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a concurso específico de méritos a praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

O Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG do 18 de maio), establece no seu artigo 22.1 que teñen a consideración de persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia os médicos forenses dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobada a relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia pola Orde do 15 de novembro de 2022 pola que se modifica a relación de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia, para determinados postos establécese como forma de provisión o concurso específico.

Producida unha vacante dun posto singularizado na Subdirección Territorial do Instituto de Medicina Legal en Santiago de Compostela, e de conformidade co establecido no artigo 532 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como no artigo 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, procede a convocatoria dun concurso específico para a súa cobertura.

A RESOLUCIÓN ACORDA:

1. Aprobar as bases da convocatoria do concurso específico que figuran no anexo I desta resolución, así como os méritos do anexo III.

2. Convocar o concurso específico de méritos e capacidades para a provisión do posto de traballo singularizado vacante que se detalla no anexo II.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV desta resolución.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a dita publicación non se faga de xeito simultáneo en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS PRAZA VACANTE DE XEFE DE SERVIZO DA ÁREA DE CLÍNICA MÉDICO-FORENSE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.