CONVOCADAS AS NOVAS BOLSAS DE TRABALLO DE INTERINOS DE XUSTIZA EN GALICIA.

CONVOCATORIA DAS NOVAS BOLSAS DE TRABALLO DE INTERINOS DE XUSTIZA.

O DOG de 8/2/2022 publicou a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

👉 Accede á Convocatoria Bolsas de Interin@s Xustiza 2022

👉 Accede á CIRCULAR/RESUMO da  NOVA BOLSA DE INTERINOS 2022 elaborada por SPJ-USO

Esta convocatoria regúlase polo establecido na Orde do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, modificada pola Orde do 30 de novembro de 2021 (de aquí en diante, a Orde do 4 de outubro de 2018).

BOLSAS DE TRABALLO E RESERVA:  Formarase unha bolsa de Traballo e outra de Bolsa de Reserva para cada corpo e provincia, cuxos integrantes estarán distribuidos de ser o caso por zonas de preferencia, ordenadas nunha listaxe conforme á valoración de méritos.

Só se poderá estar incluído nunha bolsa provincial de traballo ou de reserva e nunha zona de preferencia.

O número de integrantes das bolsas de traballo e de reserva será o seguinte:

BOLSA DE BAREMADOS: O persoal admitido que non se integre nin na bolsa de traballo nin de reserva, quedará nunha listaxe de baremados, á cal se poderá recorrer de ser preciso de acordó ó artigo 6 da orde de 2018. Nesta listaxe, de ser chamados e producirse o seu cesamento, volverán á mesma posición que ocupaban antes do seu nomeamento.

REQUISITOS DOS ASPIRANTES: Os xerais do artigo 3 da convocatoria.

PRAZO DE SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES DENDE O 9 DE FEBREIRO 2022.

SOLICITUDES: (Art. 4):  Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado.

IMPORTANTE: Todas as persoas aspirantes a formar parte das bolsas de interinos deberán presentar a correspondente solicitude con indicación dos corpos a que queiran optar, con independencia de que formen parte de bolsas anteriores ou de que estean prestando servizos nos órganos da Administración de xustiza de Galicia. En caso contrario, non serán incluídas de oficio pola Administración nas novas bolsas.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR: Artigo 5 da convocatoria.

MÉRITOS: Os reflexados no art. 10 da Orde de interinos 2021. 

Para calquer dúbida ou aclaración, non dubides en contactar cos Delegados de SPJ-USO.

👉 Accede á Convocatoria Bolsas de Interin@s Xustiza 2022

👉 Accede á CIRCULAR/RESUMO da  NOVA BOLSA DE INTERINOS 2022 elaborada por SPJ-USO

👉 Accede á ORDE INTERINOS 2018

👉 Accede á ORDE INTERINOS 2021, que modifica a Orde de 2018.

👉 ORDE DE INTERINOS 2018+2021 texto-refundido

Los comentarios están cerrados.