Archivos de la categoría SPJ INFORMA

MOI IMPORTANTE: DESESCALADA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA – FASE 2.

📢🔊 MOI IMPORTANTE: DESESCALADA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA – FASE 2‼️📢

balanza SPJ

➡️➡️ O Ministerio, trala reunión no dia de hoxe coas CCAA, publicará mañá SÁBADO 23 a orde correspondente que establecerá: 👇👇

☑️ – A fase 2 comezará o martes 26 de maio.

☑️ – A fase 3 (100 % da plantilla presencial) prevese que comece o martes 9 de xuño.

☑️ – Na fase 2 as dotacións presenciais pasarán a entre o 60 e o 70 % das plantillas.

☑️ – A reanudación do cómputo dos prazos administrativos será o 1 de xuño, e a dos prazos procesuais o 4 de xuño.

☑️ – É intención de volver á “normalidade” na Xustiza o 1 de setembro.

☑️ – Quén esté teletraballando estará exento de asistir presencialmente nesta fase 2, salvo que a porcentaxe supere o 30 ou 40 % da plantilla do centro.

☑️ – Os Rexistros Civiles volven ó “horario normal”.

☑️ – A xornada de tarde será voluntaria e “extraordinaria” nesta fase 2, e sempre que “non se poida garantizar a distancia interpersoal de 2 metros na xornada ordinaria.

☑️ – Para os efectos do permiso por deber inexcusable consideranse fillos menores os menores de 14 anos.

➡️➡️ DENDE SPJ-USO estamos a solicitar da DXX REUNIÓN URXENTE para este sábado, domingo, ou luns, para negociar, adaptar e concretar as condicións da fase 2 da desescalada na Xustiza galega.⬅️⬅️

Manterémosvos puntualmente informados‼️

PLAN DE DESESCALADA PARA LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA: FASE II

La Moncloa. 04/05/2020. Campo expone ante la Comisión de Justicia ...

El Ministerio de Justicia informa que para la semana que viene comenzará la Fase II del Plan de desescalada para la Administración de Justicia ante el COVID-19, según la resolución de fecha 8 de mayo de 2020.

 

En la Fase II, según el Anexo III de la Resolución de fecha 8 de mayo de 2020, publicado en el BOE, acudirán a cada centro de trabajo entre un 60 y un 70 % de l@s funcionari@s, en turnos de mañana y tarde, si así se establece.

Criterios para la cobertura de turnos de tarde en la Administración de Justicia

Establecimiento de turnos:

El establecimiento de turnos de tarde será determinado exclusivamente por cada una de las administraciones competentes en su ámbito de actuación. La adopción de esta medida estará motivada exclusivamente por la necesidad de atender los criterios de las autoridades sanitarias necesarios para hacer frente al COVID-19.

Características de los turnos

El turno de mañana siempre contará con una dotación superior al del turno de tarde.

Como regla general, y siempre que lo permitan las recomendaciones sanitarias, en el turno de mañana asistirá entre el 70 y el 80% del personal que deba acudir en cada fase de desescalada, y en el de tardes entre el 20 y el 30%.

Participación en los turnos de tarde. La participación en los turnos de tarde será voluntaria.

Sigue leyendo

USO OBLIGATORIO DE MASCARILLAS EN LA VÍA PÚBLICA O ESPACIOS DE USO O ABIERTOS AL PÚBLICO

USO OBLIGATORIO DE MASCARILLAS

El Boletín Oficial del Estado del 20 de mayo de 2020, se ha publicado la norma por la que se establece el uso obligatorio de mascarillas. Desde hoy, jueves 21 de mayo de 2020, será obligatorio el uso de mascarillas por parte de la población en espacios al aire libre y en cualquier espacio cerrado de uso público o que se encuentre abierto al público, siempre que no sea posible mantener una distancia de seguridad interpersonal de al menos dos metros.

Sigue leyendo

ÚLTIMA HORA SOBRE A DESESCALADA NA XUSTIZA!!!

balanza SPJ

☑️ O Ministerio de Xustiza informou a SPJ-USO que os prazos administrativos levantaranse o vindeiro 1 de xuño, trala súa suspensión o pasado 14 de marzo como consecuencia da declaración do estado de alarma pola pandemia de Covid-19.

☑️ Esta data súmase á relativa ó levantamento dos prazos procesuais, previsto para o 4 de xuño.

☑️ Ademais, a fase 2 do plan de desescalada en Xustiza, na que está prevista a incorporación de entre un 60% e un 70% dos efectivos en quendas de mañá e tarde, no seu caso, activarase a semana que vén, tras as oportunas negociacións coas organizacións sindicais.

☑️ As sedes xudiciais prevese que permanezan nesta fase 2 dúas semanas antes de alcanzar a terceira fase, que implica o 100% do persoal, que chegaría o 8 de xuño.

Este asunto tratarase na reunión da Comisión de Coordinación do Crise da Administración de Xustiza que se celebrará este venres.

☑️ 1 DE SETEMBRO, VOLTA Á «NORMALIDADE»: A idea do Ministerio é recuperar a normalidade nas sedes xudiciais no mes de setembro, sempre en función da evolución da emerxencia sanitaria.

O Ministerio informa que a partir de setembro está previsto poñer en marcha plans de choque e de reforzo, que dende SPJ-USO esixiremos sexan “reais”.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E NOTA INFORMATIVA DO PROCEDEMENTO PARA A DECLARACIÓN DE PERSOA ESPECIALMENTE VULNERABLE

comite+ssl

No día de hoxe 20 de maio de 2020, recibimos por parte da Dirección Xeral de Xustiza un correo electrónico confirmando a convocatoria do Comité de Saúde Laboral para o próximo día 22 de maio de 2020, ás 10:00 horas.  A reunión celebrarase por videoconferencia.

No orde do día vaise tratar sobre o relativo ao Covid-19 (EPIS, novo procedemento persoal especialmente sensible …).

SPJ-USO seguirá esixindo  á Dirección Xeral de Xustiza que se tomen todas as medidas para garantizar a seguridade e saúde d@s funcionar@s nos postos de traballo (máscaras, luvas, xel hidroalcohólico, pantallas de protección, control de temperatura corporal, realización de test rápidos PCR …).

Tamén remite a DXX  unha NOTA INFORMATIVA:

«Procedemento para a declaración de traballador/a como potencialmente sensible

Conforme á Resolución desta Dirección Xeral do 11 de maio de 2020, pola que se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, disponse que o persoal que, por ser grupo de risco, solicitase o permiso por deber inescusable, autorizaráselle dito permiso de forma provisional ata recibir o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No DOG do 19 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 18 de maio de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio de 2020.  Entre os acordos publicados, figura o relativo á Guía de actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais, establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de protección dos traballadores, con especial referencia aos especialmente sensibles.

Na definición do procedemento ao seguir o/a traballador/a deberá presentar unha solicitude ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, na cal exprese que concorren causas para a súa consideración como grupo vulnerable.

A dita solicitude deberá ser remitida polo/a traballador/a ao correo prevencion.riscos.laborais@xunta.gal».

ACCEDE á solicitude_estado_vulnerabilidade COVID-19

DACCEDE AO DOG do 19 de maio de 2020,  Resolución do 18 de maio de 2020