Archivos de la categoría RETRIBUCIÓNS

RETRIBUCIÓNS: PUBLICADA NO DOG A ORDE DE CONFECCIÓN DE 🪙 NÓMINAS 2026

spjinforma

ℹ️➡️ ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2026.

Accede á ORDE CONFECCIÓN NÓMINAS 2026

CADRO DE RETRIBUCIÓNS CXPA, CTPA e CAX – 2026

CADRO DE RETRIBUCIÓNS FORENSES 2026

🔴 Cuarta. Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

1. Conforme o disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.

2. No 👉 anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022, do 8 de febreiro de 2024 e do 29 de decembro de 2025 percibirá os importes previstos no 👉 anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.

O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 29 de decembro de 2025 producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2026, o pagamento producirase aplicando unha porcentaxe do 70 %.

4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán cos vixentes en 31 de decembro de 2025 incrementados un 1,5 %.

▪️ Amplía información e accee ó DOGA: ⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260126/AnuncioG0597-220126-0002_gl.html

RETRIBUCIÓNS: ANEXO XIX DA ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS – Persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza de Galicia –
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:79baf429-5fe4-44e2-ae52-191781f5a291

RECIBIDA A NÓMINA  ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025, COS ATRASOS DA SUBA DO 2.5 % CON EFECTOS 1/1/2025

ÚLTIMA HORA  15/01/26 – RECIBIDA A NÓMINA  ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025 COS ATRASOS DA SUBA DO 2.5 % CON EFECTOS 1/1/2025

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a NÓMINA ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025, cos atrasos da suba do 2,5 % estatal aplicable a tódolos conceptos retributivos.

⚫ As cantidades a percibir serán a efectos fiscales, IMPUTABLES ÁS RETRIBUCIÓNS DO ANO 2025.

A pesar de que a nómina é prácticamente «incomprensible», para determinar a cantidade líquida a percibir en conta debedes, Ó «LIQUIDO A TRANSFERIR» DESTA NÓMINA ADICIONAL, restarlle o «LÍQUIDO A TRANSFERIR» DA NÓMINA ORDINARIA DE DECEMBRO.

▪️ _Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar co teu delegado sindical de SPJ-USO_

ÚLTIMA HORA – COBRO DE NÓMINA ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025 COS ATRASOS DA SUBA DO 2.5 % CON EFECTOS 1/1/2025

ÚLTIMA HORA – COBRO DE NÓMINA ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025 COS ATRASOS DA SUBA DO 2.5 % CON EFECTOS 1/1/2025‼️

ℹ️➡️ Fontes da Xunta de Galicia confirman a SPJ-USO que de inmediato cobraremos a suba acordada e en todo caso antes do día 🗓️ 15-1-2026 recibiremos a NÓMINA ADICIONAL Á DE DECEMBRO DE 2025 cos atrasos da suba do 2,5 % estatal aplicable a tódolos conceptos retributivos.

⚫ As cantidades a percibir serán IMPUTABLES ÁS RETRIBUCIÓNS DO ANO 2025.

Publicados os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

No DOG de hoxe publícase a LEI 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma  para o ano 2026.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251231/AnuncioC3B0-231225-0001_gl.pdf

PUBLICADO NO DOG- COMPLEMENTO RETRIBUTIVO POR OBXECTIVOS DO PERSOAL FUNCIONARIO DESTINADOS NAS UNIDADES XUDICIAIS CON COMPENTENCIA EN MATERIA DE VIOLENCIA

IMPORTANTE

PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN  do 23 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251230/AnuncioG0759-231225-0010_es.html

Este complemento retributivo por obxectivos é de carácter mensual, adicional e compatible co complemento específico, así como coas prolongacións de xornada establecidas, de ser o caso, para este persoal

Esta resolución será de aplicación ao persoal funcionario que preste servizo nas seguintes unidades:

A) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
B) Servizo común que corresponda en localidades con tribunais de instancia con seccións de instrución con especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
C) Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no correspondente protocolo de actuación, ao cal se sumarán unha ou dúas persoas do corpo de auxilio xudicial, e quedará, en todo caso, supeditado aos límites establecidos no anexo I.

A cantidade que vai percibir o persoal funcionario referido no artigo anterior será de:
a) 115,83 €/mes.
b) 86,89 €/mes.
c) 57,92 €/mes.
Estas cantidades serán actualizadas segundo o disposto na orde de confección de nóminas.

ANEXO I