Archivos de la categoría RETRIBUCIÓNS

IMPORTANTE!!! CARREIRA PROFESIONAL – PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE 30 DÍAS HÁBILES DENDE O 🗓️ 2/3 PARA TÓDOLOS CORPOS (FORENSES, XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO) E GRAOS (1, 2 E 3)

A DXX ven de remitirnos a seguinte comunicación en relación coa TRAXECTORIA PROFESIONAL:

 

⚠️⚠️ DENDE O 🗓️ 2 DE MARZO DE 2026 ATA O 🗓️ 15/4/26

O 2.03.2026 comeza o prazo de presentación de solicitudes da traxectoria profesional conforme ao previsto na RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Accede á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

⚠️⚠️ O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos.

O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

 

ÚLTIMA HORA 25/02/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE FEBREIRO

ÚLTIMA HORA 25/2/2026 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE FEBREIRO ‼️

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de FEBREIRO 2026.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!FEITOS, non palabras!!!

O TRIBUNAL SUPREMO, MEDIANTE SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO, SECCIÓN 4 DE DATA 14-1-2026 FIXA XURISPRUDENCIA E DECLARA QUE NON PROCEDE Ó COBRO DAS GARDAS NAS SITUACIÓNS DE INCAPACIDADE TEMPORAL, VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS

SPJUSO INFORMA DE QUE RECENTEMENTE SE PUBLICOU A SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TS NA QUE SE FIXOU A SEGUINTE DOUTRINA XURISPRUDENCIAL: 

 

Doutrina xurisprudencial fixada:

* As retribucións por garda do persoal de Xustiza teñen carácter especial e extraordinario.
* Só se devengan cando o servizo de garda se realiza efectivamente e se acredita formalmente.
* Non procede o seu abono durante períodos de incapacidade temporal, vacacións, permisos ou licenzas.

▪️ Amplía información e accede á sentenza íntegra: ⤵️

SENTEZA TRIBUNAL SUPREMO

ÚLTIMA HORA 28/01/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE XANEIRO

ÚLTIMA HORA 28/1/2026 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE XANEIRO COAS ACTUALIZACIÓNS CORRESPONDENTES‼️

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de XANEIRO 2026.

📣📣 ESTA NÓMINA INCLÚE: ⤵️
☑️ A SUBA DO 2,5 % estatal de 2025.
☑️ A SUBA DO 1,5 % estatal de 2026.
☑️ A SUBA DOS 90 EUROS correspondentes a 2026 do COMPLEMENTO ESPECÍFICO GALEGO, que é o 40 % dos 225 euros de subida acordados a 3 anos, e que foi firmado por SPJ-USO.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!FEITOS, non palabras!!!

RETRIBUCIÓNS XUSTIZA 2026 ➖ CADROS RESUMO ACTUALIZADOS

📢🔊 RETRIBUCIÓNS XUSTIZA 2026 ➖ CADROS RESUMO ACTUALIZADOS‼️

ℹ️➡️ Unha vez publicada no DOGA a ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2026.
https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

📣📣 Deixámosvos CADROS/RESUMO DE RETRIBUCIÓNS 2026 ACTUALIZADAS ELABORADO POR SPJ-USO DOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN, AUXILIO E MÉDICOS FORENSES ⤵️⤵️

🔴 Accede ás RETRIBUCIÓNS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL 2026 ⤵️
https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴Accede ás RETRIBUCIÓNS MÉDICOS FORENSES  2026 ⤵️
https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

RETRIBUCIÓNS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL

MÉDICOS FORENSES