IMPORTANTE!!! CARREIRA PROFESIONAL – PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE 30 DÍAS HÁBILES DENDE O 🗓️ 2/3 PARA TÓDOLOS CORPOS (FORENSES, XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO) E GRAOS (1, 2 E 3)

A DXX ven de remitirnos a seguinte comunicación en relación coa TRAXECTORIA PROFESIONAL:

 

⚠️⚠️ DENDE O 🗓️ 2 DE MARZO DE 2026 ATA O 🗓️ 15/4/26

O 2.03.2026 comeza o prazo de presentación de solicitudes da traxectoria profesional conforme ao previsto na RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Accede á RESOLUCIÓN APROBA O ACORDO SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

⚠️⚠️ O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos.

O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.