Archivos de la categoría PERMISOS, VACACIONS E LICENZAS

Cómo debo solicitar o día de hoxe se non fun traballar pola ALERTA METEREOLÓXICA DECRETADA NO DÍA DE ONTE DOMINGO

ℹ️➡️ Se no día de hoxe non acudiches ó teu posto de traballo con motivo da alerta metereolóxica debido a que o teu domicilio, o teu destino, ou o traxecto entre ambos está nas zonas afectadas pola alerta, debes posteriormente xustificar o día.

📣📣 Debido a que o permiso correspondente non está habilitado na OPAX, SPJ-USO solicitou á DXX se nos den as INSTRUCCIÓNS ó respecto sobre a maneira de proceder, ó que a DXX NOS ACABA DE INFORMAR QUE SE DEBE SOLICITAR 👉 A TRAVÉS DA OPAX COMO 👉 «PERMISO POR AUSENCIA DO POSTO DE TRABALLO» e en 👉 observacións «ALERTA METEREOLÓXICA».

SPJ-USO: Sempre velando polos teus DEREITOS!!!

 

ACLARACIÓN SOBRE OS DIAS DE ASUNTOS PARTICULARES 2026 (9+ 1 = 10 dias + canosos)

ℹ️➡️ Tal como difundimos dende SPJ-USO onte luns 19/1, en 2026 correspóndennos 10 días de asuntos particulares mais canosos, a pesar de que na OPAX, pendente de rectificación consten 11 dias.

🔴 A DXX ven de comunicar vía correo electrónico que por erro, na OPAX, aparecían 11 días como permiso de asuntos particulares correspondentes ó ano 2026 cando conforme ó artigo 3.f da RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “f) Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado no dito ano”, como así ocorre co 🗓️ 15 de agosto en 2026.

⚫ Respecto do 25 de xullo, sendo festivo autonómico, en aplicación do artigo anterior, non corresponde un día a maiores de asuntos particulares, a pesar de ser unha vella reivindicación de SPJ-USO que tódolos festivos que coincidan en sábado xeren dereito a un día a maiores de asuntos particulares, sexan festivos AUTONOMICOS (25 DE XULLO) e tamén locais (como pasa en Pontevedra por exemplo en 2026 co 11 de xullo).

📣📣 SPJ-USO seguirá loitando para a consecución da dita reivindicación, e animamos a outros sindicatos, algún dos cales en canto se percatou do erro na opax se “adiantou” a decir que habían conseguido un día mais de asuntos particulares confundindo así ós traballadores, animámolos a que se sumen á nosa reivindicación en vindeiras mesas de negociación tal como fixo este sindicato nas últimas mesas de permisos e licencias de 2024.

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

SPJ-USO ⚖️: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!

ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS – ANO 2026

ASUNTOS PARTICULARES E VACACIÓNS  

ANO 2026

Aproveitando que moit@s compañeir@s nos estades preguntando polos días de asuntos particulares e vacacións aos que temos dereito para 2026 e as súas condicións,  de seguido facemos un breve recordatorio, tendo en conta a normativa ao respecto.

DENDE O 🗓️1 DE XANEIRO XA SE PODEN SOLICITAR AS DUAS SEMANAS ADICIONAIS DO PERMISO DE PATERNIDADE SE FUCHES PAI A PARTIR DO 🗓️ 2 DE AGOSTO DE 2024!!!

Conforme ó RDL 9/2025 e Lei de Emprego Público de Galicia, tralas últimas modificacións normativas que afectan á Maternidade, Paternidade e Acollemento e das que vos temos informado dende SPJ-USO, xa se poden solicitar as 2 semanas a maiores por cuidados ata os 8 anos do menor.

📣📣 VIXENCIA DO NOVO PERMISO DE PATERNIDADE: Inicio o 31-7-2025, e aplicación retroativa para nacementos/adopción dende o 2/8/24, respecto das 2 semanas a maiores por cuidados ata os 8 anos do menor, e poderá solicitarse a partir do 1-1-2026.

🔴 PATERNIDADE: Das 16 semanas que tíñamos pasouse a 19: 17 + 2 retribuídas do permiso parental de coidados.
– 6 semanas obrigatorias despois do parto, a xornada completa.
– 11 semanas ata os 12 meses do fillo, en periodos semanales de forma acumulada ou interrumpida.
– 👉 2 semanas para cuidados ata os 8 anos do fillo (efecto retroativo dende o 2-8-2024 e poderá solicitarse a partir do 1-1-2026).
– No caso de familias monoparentais 32 semanas (antes 26): 22 semanas ata os 12 meses e 4 semanas ata os 8 anos, + 6 obrigatorias tras o parto.

⚫ A ampliación do permiso por nacemento, ou permiso de paternidade, a 19 e 32 semanas, para familias monoparentais e biparentales, respectivamente, é unha realidade desde o 31 de xullo de 2025. Pero se o teu bebé naceu do 2 de agosto de 2024 ao 30 de xullo de 2025, antes da súa aprobación, a partir do 1 de xaneiro de 2026 tes dereito a gozar de 2 ou 4 semanas adicionais, se es familia monoparental ou biparental.

Estas semanas adicionais, introducidas na ampliación do permiso por nacemento e coidado de menor a través da Real Decreto Lei 9/2025, son de libre disposición e poden gozarse ata que o menor cumpra 8 anos.

❓❓ Por que é só para familias con fillos e fillas nadas/adoptadas a partir do 2 agosto de 2024❓
– O goce destas 2 ou 4 semanas adicionais do permiso de nacemento aplícase só a familias con fillas e fillos nacidas/adoptadas a partir do 2 de agosto de 2024, xa que esta é a data na que se debeu de dar cumprimento á Directiva Europea 2019/1158, e esténdese ata o 30 de xullo, un día antes da entrada en en vigor o RD-L 9/2025.

Se o nacemento/adopción do teu fillo/filla tivo lugar antes do 2 de agosto de 2024, non tes dereito á ampliación do permiso.

Amplía información: ⤵️: NOVA REGULACIÓN DO PERMISO DE PATERNIDADE, MATERNIDADE E ACOLLEMENTO CONFORME Ó Real Decreto Ley 9/2025 e a LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA. – SPJ-USO Galicia

IMPORTANTE: FORMA DE SOLICITAR AS VACACIÓNS ENTRE O 12 DE XANEIRO E O 31 DE MARZO DE 2026

IMPORTANTE

ℹ️➡️ Tras escrito presentado por este Sindicato SPJ-USO, trala anulación de solicitudes de vacacións a varios compañeiros, no día de hoxe a DXX infórmanos: ⤵️

🅰️) No caso de que un funcionario empece as súas vacacións con anterioridade ó 🗓️ 12 de xaneiro e as remate posteriormente á dita data: 👉 Neste suposto as vacacións deben ser informadas polo LAX do seu destino actual na «vella estrutura» e serán concedidas ata a finalización das mesmas.

🅱️) No suposto de que se soliciten vacacións para inicio do seu desfrute o 12 de xaneiro ou posterior (ata o 31 de marzo): 👉 Neste suposto as vacacións deben ser informadas polo LAX correspondente ó seu novo centro de destino na nova oficina xudicial.
Noutro caso, as Delegacións chamarán ó funcionario solicitante para informalos do anterior, e anularase a solicitude.

▪️ Para calquera dúbida ou consulta, contacta 📞 co teu Delegado sindical de SPJ-USO.