A DXX ven de remitirnos a versión definitiva do programa anual de vacacións, sen acoller ningunha das nosas alegacións ó mesmo. Será publicado na Intranet de Xustiza.
Accede ó Programa anual vacacions 2026 – versión definitiva
Accede á circular/resumo – Vacacións 2026
Ante as preguntas que nos estades a plantexar sobre o programa anual de Vacacións 2026, ACLARAMOS que «As quendas garantirán unha presenza proporcional de todas as clases xurisdicionais tendo en conta o establecido na disposición transitoria primeira do RD 1451/2005, do 7 de decembro modificada polo RD 530/2025, do 24 de xuño.
⏹️ No suposto de non haber persoal suficiente para a tramitación ou execución das materias que foran propias destas, o/a Director/a do servizo común que corresponda poderá informar de forma negativa a solicitude de vacacións, en tanto non quede debidamente cuberto o servizo nese equipo, área, ou servizo, segundo corresponda».




















