Archivos de la categoría MESA SECTORIAL

PUBLICACIÓN O 15/12 NO DOG DO ACORDO ECONÓMICO ENTRE A DXX E OS SINDICATOS SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS, UGT, CSIF e CCOO (SUBA SALARIAL DE 225 🪙 EUROS) E HORARIO DO REXISTRO CIVIL

A DXX informa que o  15.12.2025 está prevista a publicación no DOG das seguintes resolucións:

 

 

🔴 SUBA SALARIAL DE  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS: RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección xeral de xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia.
(CIG non asinou este acordo).

⚫ RESOLUCIÓN do 3 de decembro do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

MESA SECTORIAL 02/12/2025

spjinformaMesa sectorial do pasado día 02/12/2025, Traxectoria Profesional, Complemento de Violencia, Rexistro Civil, Comisións de Servizo e Substitucións.

CARREIRA PROFESIONAL 2025 A CARREIRA CONTINÚA

SPJ-USO SOLICITA que se adiante o prazo para o inicio das solicitudes, xa que levamos un ano de atraso.

Este Sindicato aporta datas para a apertura ofrecendo tres posibilidades antes do 2 de marzo e indica as seguintes:  15 de decembro,  15 de xaneiro do 2026 e 2 de febreiro do 2026.

  • A Xunta MANIFESTA que é inviable por cuestións organizativas e informáticas.

SPJ-USO, tamén SOLICITA que se teña en conta a apertura da carreira profesional, para todos aqueles funcionarios que estiveron traballando durante este último ano, xa que non é culpa deles que se retrasara tanto a apertura, por exemplo os traballadores interinos que a data 31 de decembro do 2024 non estaban traballando, e compren os requisitos de acceso.

  • A Dirección Xeral de Xustiza MANIFESTA: Que a normativa da Traxectoria profesional non o permite por analoxía cos traballadores da Xunta de Galicia.

Os Sindicatos que votan a favor do  acordo da CARREIRA PROFESIONAL son os seguintes: SPJ-USO, CCOO, UXT e STAJ

Os Sindicatos que votan en contra son: CIGA, CSIF  e CUT

A CARREIRA, PRAZOS, FORMACIÓN E REMUNERACIÓN

  • Os graos extraordinarios I e II en calquera dos corpos e o grao III nos corpos de auxilio xudicial e no corpo de tramitación procesual e administrativa.
  • Adquírense no corpo no que se teña a condición de persoal funcionario (de carreira   ou interino) o día 31 de decembro do ano 2024.
  • Grao extraordinario III nos corpos de xestión procesual e administrativa e de medicina forense. Adquírese no corpo en que se teña a condición de persoal funcionario o dia 31 de decembro do ano 2025.

O cobro dos graos será en 3 anualidades

REQUISITOS DE ACCESO: Estar en Servicio Activo ou con reserva de prazo no prazo de solicitudes, ter a condición de funcionario no momento de finalización do cumprimento dos requisitos.

Sigue leyendo

DOCUMENTACIÓN DA MESA SECTORIAL DO MARTES 2 DE DECEMBRO

📢🔊 Trala mesa de traballo do dia de 28-11, a DXX remítenos textos con algunha modificación de cara á mesa sectorial do 🗓️ martes 2/12/25‼️

ℹ️➡️ Adxuntamos a documentación remitida para a Mesa sectorial do 2/12/2025: 👉 Textos normativos modificados respecto das alegacións recibidas sinaladas en cor vermella. ⤵️⤵️

🔴 Convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional segundo as porcentaxes pactadas para a carreira na Administración xeral da Xunta de Galicia
🪙 35 % o 1° ano, 70 % o 2° e 100 % do grao o 3°.
ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS XXX PARA A IMPLANTACIÓN DO RÉXIME EXTRAORDINARIO DE ACCESO AOS GRAOS I, II E III DO SISTEMA TRANSITORIO EXTRAORDINARIO DE RECOÑECEMENTO DA PROGRESIÓN NA TRAXECTORIA PROFESIONAL PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:6c9b0163-d024-4b76-b5d1-26ee1bd8d6f0

🔴 Criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:50a23f45-c326-4564-be96-0904357f5112

🔴 Complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:e4f4ed4b-3d45-4fca-b439-35f518c6bbe9

🔴 Resolución do x de xxxxx do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:28d1b65f-b948-4727-a048-9d585fa19297

🔴 PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DO XX DE XXX DE 2025, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, POLA QUE SE REGULAN AS SUBSTITUCIÓNS ENTRE PERSOAL FUNCIONARIO NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:c7296ad8-f4f5-47a3-99d1-d9899ec0278d

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados do resultado da mesa Sectorial do vindeiro martes.

CONVOCATORIA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA PARA O PRÓXIMO 2 DE DECEMBRO

A Dirección Xeral de Xustiza  ven de convocarnos a unha mesa de sectorial de xustiza  para o próximo 2 de decembro co seguinte orde do día:

 

  1. Convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da traxectoria profesional. Decisorio.
  2. Normativa. (COMISIÓNS DE SERVIZO, SUBSTITUCIÓNS, Complemento VSM e Horario especial Rexistro Civil) Decisorio.
  3. Rogos e preguntas

🔴 Con esta convocatoria achégase a seguinte documentación: 👇
☑️ Proposta de Acordo para a convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Os cambios respecto do borrador anterior van marcados en vermello.
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:5cdf87a7-6932-46f7-a297-fe85d57cef38

📣 DESTACAR COMO NOVIDADE QUE, tal como solicitou SPJ-USO na pasada mesa sectorial, O GALEGO TAMÉN COMPUTARÁ FINALMENTE PARA O GRADO 3: «Para estes efectos tamén serán considerados os cursos de iniciación e perfeccionamento (Celga 4), medio ou superior de linguaxe administrativa e xurídica galega ou o ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas, homologados polo órgano competente en materia de política lingüística. Os cursos impartidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística considéranse como impartidos por unha consellería da Xunta de Galicia.»

Por último informar que o próximo luns 1 de decembro o Consello da Xunta ten previsto informar o Acordo acadado respecto do incremento do CAT/CE.

CONVOCATORIA MESA DE TRABALLO PARA O VINDEIRO 28 DE NOVEMBRO

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de convocarnos a unha mesa de traballo para o próximo 28 de novembro co seguinte orde do día:

  1. Complemento VSM.
  2. Horario especial RC.
  3. Comisión de servizos.
  4. Substitucións.