
RESUMO DO RESULTADO DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA CELEBRADA O DÍA 18 DE NOVEMBRO DE 2025.
Comentarios desactivados en RESUMO DO RESULTADO DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA CELEBTRADA O DÍA 18-11-2025
Publicado en MESA SECTORIAL
Para o voso coñecemento, nos seguintes enlaces podedes acceder ós diferentes borradores remitidos pola DXX para negociación na Mesa Sectorial convocada para o 18-11-2025.
– Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais XXXXXXXXXXXX para a implantación do Réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Accede á Proposta_convocatoria_TRAXECTORIA PROFESIONAL
– Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2025 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
Accede á Proposta Ampliación periodo vacacións 2025
– Proposta de Resolución pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
Accede á proposta COMPLEMENTO VSM
– Proposta de Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
Accede á proposta QUENDAS RC_- RESOLUCIÓN
– Proposta de Resolución pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
Accede á proposta COMISIÓNS_DE SERVIZO
– Proposta de Resolución pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
Accede á proposta SUBSTITUCIÓNS
SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
Comentarios desactivados en BORRADORES PARA NEGOCIACIÓN DE CARREIRA PROFESIONAL, PERMISOS E VACACIÓNS 2025, COMPLEMENTO VSM, COMISIÓNS DE SERVIZO, SUBSTITUCIÓNS E QUENDAS
Publicado en COMISIÓNS DE SERVIZOS, MESA SECTORIAL, PERMISOS, VACACIONS E LICENZAS, SUBSTITUCIÓNS

A DXX acaba de remitir mail no que » Seguindo instrucións do Director xeral convócaselle, o próximo día 18 de novembro, ás 10:30h á unha reunión da Mesa Sectorial de Xustiza
Orde do día:
1. Proposta de convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Decisorio.
2. Proposta de ampliación do período de vacacións e permisos. Decisorio.
3. Proposta de adaptación da normativa á nova estrutura xudicial. Informativo.
4. Rogos e Preguntas.
👉👉 Documentación que se xunta:
– Acta asinada da sesión anterior.
– Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais XXXXXXXXXXXX para a implantación do Réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
– Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2025 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
– Proposta de Resolución pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
– Proposta de Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
– Proposta de Resolución pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
– Proposta de Resolución pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia
▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.
Comentarios desactivados en CONVOCATORIA MESA SECTORIAL 18 NOVEMBRO
Publicado en MESA SECTORIAL

@s traballadores da Xustiza galega estamos á espera de negociar e pechar o acordo de traxectoria profesional que segue desenvolvendo o acceso aos graos I,II e III do sistema transitorio extraordinario prevista na disposición transitoria oitava da lei 2/2015, do 29 de abril, e inmersos no último trimestre do ano, desde SPJ USO promotor, impulsor e asinante da carreira profesional e en calidade de máximo representante dos traballadores da Administración de Xustiza segue velando polos dereitos e intereses dos traballadores en Galicia e como non podía ser doutra maneira, ESIXIMOS QUE SE META NO ORDE DO DÍA DA MESA SECTORIAL A CELEBRAR O PRÓXIMO 18 DE NOVEMBRO:
1.- BORRADOR CON APERTURA INMEDIATA DO GRAO I,II, E III, PARA Os FUNCIONARIOS DE XUSTIZA EN GALICIA ONDE SE INCLÚA As PROPOSTAS INTERESADAS POR ESTE SINDICATO:
Ano 2025….60%
Ano 2026….80%
Ano 2027…..100%
2.- PUBLICACIÓN INMEDIATA DO ACORDO ECONÓMICO DO COMPLMENTO ESPECIFICO ASINADO ENTRE A Xunta DE GALICIA E As ORGANIZACIÓNS SINDICAIS , PARA A MELLORA DÁS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL AO SERVIZO DÁ ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA, XA QUE a data de entrada é o próximo 1 de xaneiro de 2026
ORDE DO DIA MESA SECTORIAL SIGNED
XUSTIFICANTE ORDE DO DIA MESA SECTORIAL
Comentarios desactivados en SPJ USO SOLICITA A INCLUSIÓN NA MESA SECTORIAL A CELEBRAR O PROXIMO 18 DE NOVEMBRO O SEGUINTE ANTE A INCOMPETENCIA DE CSIF, STAJ, UXT E CIG DE CONSEGUIR E MELLORAR A CARREIRA PROFESIONAL A NIVEL ESTATAL PARA TOD@S OS FUNCIONARI@S DE XUSTIZA:
Publicado en CARREIRA PROFESIONAL, MESA SECTORIAL
Tal como solicitamos dende SPJ-USO na última mesa Sectorial do 9/9 a DXX acaba de remitir ós sindicatos a citada Documentación ⤵️⤵️
Proposta de bases da convocatoria do concurso específico dos postos singularizados da Fase III.
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:3ff75211-bc56-4cda-8fd9-9bdd71863a83
Versión definitiva do procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos da Fase III.
🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:8123467e-4934-47b5-9728-d41d39ce8a14
Comentarios desactivados en IMPORTANTE: Proposta de bases da convocatoria do concurso específico dos postos singularizados da Fase III e 👉 Versión definitiva do procedemento para o desenvolvemento da reorganización de efectivos da Fase III‼️
Publicado en MESA SECTORIAL, NOVA OFICINA XUDICIAL