MESA SECTORIAL 02/12/2025

spjinformaMesa sectorial do pasado día 02/12/2025, Traxectoria Profesional, Complemento de Violencia, Rexistro Civil, Comisións de Servizo e Substitucións.

CARREIRA PROFESIONAL 2025 A CARREIRA CONTINÚA

SPJ-USO SOLICITA que se adiante o prazo para o inicio das solicitudes, xa que levamos un ano de atraso.

Este Sindicato aporta datas para a apertura ofrecendo tres posibilidades antes do 2 de marzo e indica as seguintes:  15 de decembro,  15 de xaneiro do 2026 e 2 de febreiro do 2026.

  • A Xunta MANIFESTA que é inviable por cuestións organizativas e informáticas.

SPJ-USO, tamén SOLICITA que se teña en conta a apertura da carreira profesional, para todos aqueles funcionarios que estiveron traballando durante este último ano, xa que non é culpa deles que se retrasara tanto a apertura, por exemplo os traballadores interinos que a data 31 de decembro do 2024 non estaban traballando, e compren os requisitos de acceso.

  • A Dirección Xeral de Xustiza MANIFESTA: Que a normativa da Traxectoria profesional non o permite por analoxía cos traballadores da Xunta de Galicia.

Os Sindicatos que votan a favor do  acordo da CARREIRA PROFESIONAL son os seguintes: SPJ-USO, CCOO, UXT e STAJ

Os Sindicatos que votan en contra son: CIGA, CSIF  e CUT

A CARREIRA, PRAZOS, FORMACIÓN E REMUNERACIÓN

  • Os graos extraordinarios I e II en calquera dos corpos e o grao III nos corpos de auxilio xudicial e no corpo de tramitación procesual e administrativa.
  • Adquírense no corpo no que se teña a condición de persoal funcionario (de carreira   ou interino) o día 31 de decembro do ano 2024.
  • Grao extraordinario III nos corpos de xestión procesual e administrativa e de medicina forense. Adquírese no corpo en que se teña a condición de persoal funcionario o dia 31 de decembro do ano 2025.

O cobro dos graos será en 3 anualidades

REQUISITOS DE ACCESO: Estar en Servicio Activo ou con reserva de prazo no prazo de solicitudes, ter a condición de funcionario no momento de finalización do cumprimento dos requisitos.

RESULTADO: A CARREIRA PROFESIONAL E A ACTUACIÓN DOS SINDICATOS FIRMANTES E NON FIRMANTES

SPJ-USO, ten a curiosidade de saber se estes delegados que non votan a favor, van a rexeitar a carreira ou ben van a participar nela para cobrar.

Porque si SPJ-USO e o resto de OOSS asinantes non aceptaran a Carreira Profesional, os TRABALLADORES DE GALICIA, QUEDARÍAN SEN O GRAO CORRESPONDENTE DA CARREIRA PROFESIONAL.

¿COMO SE PODE EXPLICAR ESTO @S TRABALLADOR@S?.  HAI SINDICATOS QUE SI POR ELES FORA SEGUIRÍAN POÑENDO EN RISCO A CARREIRA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA ÚNICA NO ESTADO.

E MENTRAS TODO ESTO ACONTECE SEGUIMOS A ESPERA DA CARREIRA DO MINISTERIO, CANDO LEVAMOS EN GALIZA SETE ANOS DE ADIANTO PESE A QUEN LLE PESE, CON ERROS E ACERTOS, PERO ESTA AQUI E ESTAMOS COBRANDO A MESMA.

Neste momento hai funcionari@s que xa perciben un total de 350 euros de carreira profesional.

Os que non asinaron ¿que pretendían?, ¿conxelalo? ¿Perdelo? ¿ocultalo? ou ¿esperar a do Ministerio? Cando para os demais territorios somos un exemplo a seguir.

Por outra banda STAJ, apoia a carreira na mesa sectorial do dia de hoxe, e por outro publica no seu blogue frases desta categoría:

A normativa da traxectoria xa naceu torcida e a dia de hoxe segue sendo unha norma imperfecta e ríxida porque non admite a posibilidade de que permaneza aberta permanentemente…

SPJ-USO pregúntase ¿onde esta a Carreira do Ministerio? da que tanto presumen e que xa chega 7 anos tarde, si estiveramos a esperar por ela, teriamos que botar as contas para  saber canto perdería cada funcionari@ de Galicia.

E ademais engade STAJ, a seguinte frase literal: nun alarde de responsabilidade, a traxectoria ou sae con acordo Sindical ou quedamos sen ela.

Sendo isto incerto,  ¿porque? Porque SPJ-USO NON IBA DEIXAR @S TRABALLADOR@S DE GALICIA SIN A CARREIRA PROFESIONAL,  E PARA SPJ-USO, ESTO SI É UN ACTO DE RESPONSABILIDADE.

En canto a CSIF, quédase fora do primeiro grao e desaparecen da Mesa Sectorial, firman o II grao e non firman o III grao, ¿cal é a explicación? ¿Pensamos no traballador? ¿Pensamos nos votos?….

CIGA e a CUT, non asinan a Carreira, ¿simple capricho electoral? ¿Ides participar nas solicitudes da carreira como delegados?¿pensades nos traballadores ou nos votos?

SPJ-USO ASINA ACORDOS QUE NON SEMPRE CONTENTAN A TOD@S,PERO QUE SÍ BENEFICIAN A INMENSA MAIORIA.

IMPORTANTE!! : Tod@s @s funcionari@s de Andalucia van a cobrar a carreira, menos os funcionari@s de Xustiza porque os sindicatos STAJ E CSIF DECLINARON A CARREIRA DA XUSTIZA ANDALUZA, polo simple capricho de esperar a Carreira do Ministerio.

COMPLEMENTO DE VIOLENCIA NAS VILAS: ACLARACIÓNS IMPORTANTES!!!

SPJ-USO SOLICITOU NO TRANSCURSO DA REUNIÓN:

  •  Que se inclúa o corpo de auxilio para formar parte do equipo de violencia.
  • Que se inclúa a todo o equipo de penal.
  • Que se sume o número de funcionarios ata completar o número de traballadores que viñan cobrando a Violencia.
  • Que se inclúa o personal que tramita os temas de familia  procedentes de violencia.
  • Que se inclúa o equipo de garda semanal  que non coincida cos anteriores.

A Dirección Xeral:  Non accede a modificar o importe nin o número de dilixencia.  Tampouco acepta calquera proposta que supoña incremento económico

🔴 A DXXustiza tan solo accede a engadir o corpo de auxilio

🔳 En definitiva van a cobrar o complemento de violencia sobre a muller nos pobos o persoal que certifique o LAJ dentro do cupo máximo establecido.

RETRIBUCIÓN: POBOS E VILAS DE GALICIA (75 ou máis dilixencias sobre VSM) : 57,92

REXISTRO CIVIL.- HORARIO ESPECIAL E CONDICIÓNS DE TRABALLO

SPJ-USO, SOLICITA: A actualización das contías que se cobra no rexistro Civil, xa que levan anos sen estar actualizadas.

RETRIBUCIÓN ECONÓMICA:

  • Xornada de luns a vernes 55, 41 euros
  • Xornada de sábado 92,33 euros

Importante: Primará a voluntariedade das quendas, sempre e cando quede o servizo cuberto.

ROGOS E PREGUNTAS LEVADAS A CABO POR AS OOSS

SUBSTITUCIÓNS: Solicitado o  listado provisional das substitucións para saber que prazas se adxudicaron a día de hoxe en toda Galicia, a DXxustiza,  valora darnos traslado do mesmo para a semana que ven.

CONFIRMACIÓNS E REORDENACIÓN DE EFECTIVOS: A semana que ven facilitarase o listado de confirmados e reordenados.

OPOSICIÓNS CONVOCATORIA 2025: En canto as PRAZAS de oposicións, a proposta de prazas que vai a solicitar a DXX  son as seguintes (pendente de verificación do Ministerio de Xustiza):

  • 0 GESTION
  • 34 TRAMITACION
  • 26 AUXILIO

PROGRAMA INFORMÁTICO ATHENEA: A día de hoxe non temos coñecemento como vai ser o seu funcionamento nin como se vai aplicar, tampouco temos protocolos, falta firmar o segundo acordo.

INTERINOS

✔️Os reforzos que se lles prorrogou o prazo ata o 15 de decembro e moi posible que se lles amplíe ata o 31/12/2025.

✔️ Os interinos irán ligados o código RPT do titular da praza, sendo o caso, e si están ocupando unha praza vacante que quede cuberta por un titular na fase de acoplamento, irán recolocados noutra praza vacante que quede desocupada.

▶️ Sendo a intención da DXXUSTIZA non cesar a ningún interino, nesta fase a acoplamento, igual que non se cesou a ningún interino na FASE I.

ℹ️ Algún interino podería  cesar por casuística e normativa da bolsa de interinos.

COMISIÓNS DE SERVIZOS  E SUBSTITUCIONS

SPJ-USO SOLICITA en cuanto as COMISIÓNS DE SERVIZO:

  •  QUE O PERIODO DE CARENCIA SEA DE SEIS MESES E NON DUN ANO COMO PRETENDE A ADMINISTRACIÓN.
  • QUE O INFORME DO LAJ NON DEBE SER NIN VINCULANTE NIN PRECEPTIVO, OPOÑENDONOS FRONTALMENTE AO INFORME DO LAJ, consideramos de coarta o dereito d@s traballador@s.

SPJ-USO SOLICITA en cuanto as SUBSTITUCIÓNS:

  • QUE TAL E COMO PEDIMOS NAS COMISIÓNS O PERIODO DE SEIS MESES É MAIS QUE SUFICIENTE.
  • QUE AS SUBSTITUCIÓNS EN PRIMEIRO LUGAR DEBEN SER TOTALMENTE EN TODOS OS SUPOSTOS A PREFERENCIA VERTICAL, porque entendemos que prevalece a promoción profesional, que é o sentido que ten esta modalidade de provisión de postos desde o Decreto de Regulamento de ingreso do ano 2005 e o EBEP.

▶️E igual que as comisións, entendemos que o informe do LAJ non debe de ser vinculante, nin preceptivo.

A DXXUSTIZA: Responde que estudiará as alegacións remitidas por este Sindicato e valorará si é posible.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.