Archivos de la categoría DOG

O LUNS DÍA 12/1/26 PUBLICARASE NO DOG O ACORDO DE TRAXECTORIA PROFESIONAL

A DXX informa que o 🗓️ 12/01/2026 está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

📣📣 Lembrade, a APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES SERÁ O 🗓️ 2-3-26 PARA TODOS OS CORPOS E TÓDOLOS GRAOS.

DOG: PUBLICADAS A NOVA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS E A MODIFICACIÓN DAS RPTs DAS FISCALÍAS

Tal e como estaba previsto no DOG de hoxe, luns 22 de decembro, véñense de publicar as seguintes resolucións da DXX:

🔴 NOVA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS: RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

👉 Entrará en vigor coa entrada en funcionamento da nova oficina xudicial, o 🗓️ 31 de decembro de 2025.

🔴 NOVA RPT DAS FISCALÍAS: RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

👉 A modificación da RPT de Fiscalía afecta a Santiago, Vigo, Ourense e Ferrol, onde se crea unha praza nova.
👉 As 4 novas prazas ofertaranse a Comisión de servizos próximamente, e posteriormente no Concurso de traslados 2026.

PUBLICADO NO DOG O ACORDO ECONÓMICO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS SINDICATOS SPJ-USO E OUTROS PARA A SUBA SALARIAL DE 🪙 225 € A TÓDOLOS CORPOS

IMPORTANTE!!!!

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Accede ó DOG: ACORDO  ENTRE A XUNTA DE GALICIA E SPJ-USO E OUTROS SINDICATOS PARA A SUBA 225 EUROS – GALICIA

ℹ️➡️ INCREMENTO RETRIBUTIVO:

🔴Incremento retributivo de  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS (O incremento producirase en tres anualidades ( ano 2026/2027 e 2028)

☑️As porcentaxes a cobrar serán:

✔️40 % no ano 2026 – 90 euros
✔️70 % no ano 2027 – 67,5 euros
✔️100% no ano 2028 – 67,5 euros

📣📣 A suba correspondente a 2026 (90 €), segundo informa a Xunta de Galicia, será efectiva na nómina de 🗓️ Xaneiro.

Sigue leyendo →

REXISTRO CIVIL.-regulación, horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil seguintes:

A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Os horarios que se establezan deberán respectar, en todo caso, o horario de audiencia pública.

A apertura das oficinas dos rexistros civís das cidades en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 18.00 horas, con participación voluntaria dos empregados públicos.

O horario de apertura das oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, especificando que a atención directa á cidadanía durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas.

O horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra seguinte:

➡️ Xornada e horario incentivado
✔️A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres , e deberá cumprir ademais sete horas e media semanais, que se prestarán, en quendas, de luns a venres das 14.30 ás 18.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas

➡️Tempo de descanso obrigatorio O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil, que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.30 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas.

➡️ Retribución económica
▪️55,41 € por cada xornada vespertina de luns a venres.

▪️92,33 € por cada xornada de sábado.

➡️ Entrada en vigor Esta resolución entrará en vigor coa entrada en funcionamento da Nova Oficina Xudicial, o 31 de decembro de 2025.

ℹ️▶️O número de persoal funcionario necesario para a prestación do servizo nos horarios especiais sería o seguinte segundo localidades:

▪️ A Coruña 3
▪️Vigo 3                                                                                                                                      ▪️Ferrol 2
▪️Santiago de Compostela 2                                                                                                   ▪️Lugo 2                                                                                                                               ▪️Ourense 2
▪️Pontevedra 2
(Numero máximo de funcionari@s do servizo en xornada vespertina de lunes vernes e sábado pola maña)

▪️Accede ao doga:👇👇
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0759-051225-0003_gl.html

ADXUDICACIÓNS DA CONVOCATORIA DE LIBRE DESIGNACIÓN- XESTIÓN E TRAMITACIÓN

NO DOG DE HOXE, 28 DE OUTUBRO, PUBLICASE;

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de libre designación, efectuada pola Resolución do 4 de setembro de 2025 pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

A toma de posesión dos postos producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina o 31 de decembro de 2025

ACCEDE AO CONTENIDO INTEGRO DO DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251028/AnuncioG0759-221025-0001_gl.html