ACCIÓN SOCIAL 2026 : LISTAXES DEFINITIVAS

Hoxe día 8 de outubro 2026  mantivemos reunión coa DXX na cal se nos deu a coñecer os datos das LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano en curso.

Os datos definitivos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS:  143  (corresponden a 163 beneficiarios)
  • SOLICITUDES ADMITIDAS:  141 más 1 parcialmente estimada
  • SOLICITUDES DENEGADAS :  1

* Houbo 18 alegacións das que se admitiron 17

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:

  • Tramo 1 do 33 % ao 64 %:    87,29 € (2025 foron 92,45  €)
  • Tramo 2 do 65 % ao 74 %:     174,59 € ( en 2025 foron 184,90 €)
  • Tramo 3 do 75 % en diante:    349,18 € (en 2025 foron 369,81  €)

Asimesmo, a DXX infórmanos de que  será remitido o DOG inmediatamente

A data de pagamento será como sempre ao longo do mes de novembro.

Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.

Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.