REXISTRO CIVIL.-regulación, horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil seguintes:

A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Os horarios que se establezan deberán respectar, en todo caso, o horario de audiencia pública.

A apertura das oficinas dos rexistros civís das cidades en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 18.00 horas, con participación voluntaria dos empregados públicos.

O horario de apertura das oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, especificando que a atención directa á cidadanía durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas.

O horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra seguinte:

➡️ Xornada e horario incentivado
✔️A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres , e deberá cumprir ademais sete horas e media semanais, que se prestarán, en quendas, de luns a venres das 14.30 ás 18.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas

➡️Tempo de descanso obrigatorio O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil, que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.30 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas.

➡️ Retribución económica
▪️55,41 € por cada xornada vespertina de luns a venres.

▪️92,33 € por cada xornada de sábado.

➡️ Entrada en vigor Esta resolución entrará en vigor coa entrada en funcionamento da Nova Oficina Xudicial, o 31 de decembro de 2025.

ℹ️▶️O número de persoal funcionario necesario para a prestación do servizo nos horarios especiais sería o seguinte segundo localidades:

▪️ A Coruña 3
▪️Vigo 3                                                                                                                                      ▪️Ferrol 2
▪️Santiago de Compostela 2                                                                                                   ▪️Lugo 2                                                                                                                               ▪️Ourense 2
▪️Pontevedra 2
(Numero máximo de funcionari@s do servizo en xornada vespertina de lunes vernes e sábado pola maña)

▪️Accede ao doga:👇👇
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0759-051225-0003_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.