Archivos de la categoría DENUNCIA

PUBLICADO NA PRENSA: «A Xunta culpa o Goberno central dos problemas da reforma xudicial e a oposición denuncia caos na implantación»‼️

O director xeral de Xustiza defende que Galicia cumpriu os prazos da nova lei de eficiencia xudicial, mentres PSdeG e BNG critican falta de planificación, diálogo e formación.

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, reprochou ao Goberno central a “falta de previsión” na aplicación da nova lei de eficiencia xudicial, aínda que defendeu que o Executivo galego cumpriu os prazos previstos para implantar o novo modelo nos partidos xudiciais da comunidade. Na súa comparecencia na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, o responsable autonómico destacou que a Xunta levou a cabo reformas nos 45 partidos xudiciais galegos, “cumprindo os prazos establecidos e garantindo a continuidade do servizo”.

Tronchoni explicou que a reforma supón unha transformación estrutural “sen precedentes” na organización da Xustiza, ao pasar a un novo modelo coa creación das Oficinas de Xustiza nos concellos. Nese sentido, aínda que recoñeceu algunhas incidencias, insistiu en que a implantación do novo modelo se efectuou en todos os partidos xudiciais dentro dos prazos previstos

Tras detallar o reforzo organizativo e, especialmente, tecnolóxico levado a cabo pola Administración galega, o director xeral criticou que o Executivo central impulsase esta reforma “sen o consenso suficiente” coas comunidades autónomas nin cos operadores xurídicos. Tamén puxo en cuestión os prazos fixados para executar a reforma e lamentou a “falta de planificación” do Ministerio, con problemas nas aplicacións informáticas e dificultades para poñer en marcha algúns servizos, segundo censurou.

O PSDEG FALA DE «CAOS» ORGANIZATIVO

A deputada do PSdeG Paloma Castro acusou a Dirección Xeral de Xustiza do “fracaso” na implantación do novo modelo de oficina xudicial en Galicia. A parlamentaria socialista reprochou á Xunta a “falta de diálogo” cos sindicatos e a sobrecarga do persoal, unha situación que, ao seu xuízo, “derivou nun caos organizativo”. Entre outras propostas, Castro formulou ampliar os equipos de Familia e Violencia contra a Muller nos sete partidos xudiciais, así como elaborar un manual de postos e un protocolo marco de actuación para homoxeneizar o novo modelo en toda Galicia.

A deputada socialista tamén reclamou un programa de formación, un catálogo de servizos do servizo común xeral para coñecer a carga de traballo e plans de apoio á execución, á migración de expedientes, ás continxencias e aos reforzos para garantir unha implantación “eficaz” do novo modelo. Ademais, pediu crear unha comisión de seguimento que permita avaliar a aplicación da reforma e corrixir as incidencias detectadas.

O BNG PIDE A DIMISIÓN DE TRONCHONI

Pola súa banda, o deputado do BNG Iago Tabarés pediu a dimisión do director xeral de Xustiza por “falta de capacidade” para “reverter a situación da Administración de Xustiza”. “Non por falta de actitude, senón por falta de capacidade. Vostede non pode porque o PP non quere, porque a Xustiza non lles importa”, asegurou Tabarés.

O parlamentario nacionalista reprochou tamén a Tronchoni o seu “silencio” despois do traslado dos maxistrados da sección terceira da Sala do Contencioso, que paralizou decenas de parques eólicos nos últimos tempos. Tabarés cualificou de “insuficiente” o orzamento en materia de Xustiza e criticou que a Xunta “non preparou nada de formación”. Ademais, censurou que, “despois de moitas décadas de transferencia”, non houbese relación de postos de traballo e tivese que elaborarse “en seis meses”.

O PP DEFENDE A XESTIÓN DA XUNTA

Pola súa banda, a deputada do PPdeG Katherine Varela reprochou ao BNG que pida dimisións na Xunta “coa que está a caer en Madrid” e criticou que fale de independencia xudicial “con todo o que se está a ver”. A parlamentaria popular puxo en valor o traballo do director xeral de Xustiza na aplicación da nova lei de eficiencia xudicial e destacou medidas como a achega do servizo de taxi tras a comarcalización, a dotación de equipos de videoconferencia e a formación, entre outras actuacións.

O debate deixou así dúas visións enfrontadas sobre a implantación da reforma: a Xunta defende que cumpriu prazos e responsabiliza o Ministerio da falta de previsión, mentres a oposición denuncia caos, falta de diálogo e ausencia de planificación suficiente no despregamento do novo modelo xudicial en Galicia.

Publicado o día de onte en http://www.galiciaconfidencial.com:«O director xeral de Xustiza defende que Galicia cumpriu os prazos da nova lei de eficiencia xudicial, mentres PSdeG e BNG critican falta de planificación, diálogo e formación.»

Accede o enlace na prensa: 

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/5914252-xunta-recrimina-ao-goberno-falta-prevision-coa-lei-eficiencia-xudicial-pero-asegura-galicia-cumpriu-prazos

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN DENDE O 1 DE XUÑO Ó 30 DE SETEMBRO – ESIXIMOS UNHA RESPOSTA Á DXX!!!

SPJ-USO, na loita pola CONCILIACIÓN DA  VIDA LABORAL E  FAMILIAR, ven de remitir comunicación reiterando o escrito presentado ante a DXX solicitando a ampliación da xornada de  verán dende o 1 de xuño ó 30 de setembro conforme a normativa estatal de aplicación supletoria. 

Non podemos estar dacordo  coa estratexia da  DXX de «DAR A CALADA POR RESPOSTA E NON CONTESTAR A NADA», e esiximos que ante a proximidade da data solicitado  do 1 de xuño, se nos dé  debida resposta á nosa  solicitude.

Basta xa de mirar para outro lado!!! 

Justificante-PR004A-20260429

Solicitud-PR004A-20260429

En tanto non teñamos unha resposta ó solicitado, a normativa actual  establece que  a xornada de verán comeza o 16 de xuño (martes) e  remata o 15 de setembro.

Amplía información e accede á solicitude  inicial: 👇👇

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE VERÁN E ADAPTACIÓN DA ORDE DO HORARIO ÁS 35 HORAS SEMANAIS

 

SPJ-USO ESIXE COA ANTELACIÓN SUFICIENTE PARA EVITAR “ESCUSAS” QUE SE CUMPLA COA NORMATIVA DE PREVENCIÓN DE RISCOS NOS XULGADOS VELLOS DA PARDA E DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, E PARA ELO SOLICITA, entre outas medidas, A INSTALACIÓN INMEDIATA DE APARATOS DE AIRE ACONDICIONADO.

SPJ-USO ven de presentar escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza, con remisión ó Servizo de  Prevención de Riscos Laborais.

Este sindicato, a través dos cauces correspondentes, leva varios anos solicitando a modernización e o cumprimento da normativa de prevención de riscos laboráis en canto ás condicións térmicas se refire, e entre outros, respecto do Edificio Vello de A Parda (Pontevedra) así como da Audiencia Provincial de Pontevedra, dado que os mesmos non contan con instalación de aire acondicionado, e os funcionarios destinados nos mesmos están a sufrir ano tras ano ondas de calor que fan difícil facer a súa labor diaria, debido ós mais de 30 grados de temperatura que se alcanzan a miúdo nos meses de verán, sendo no mellor dos casos a solución aportada pola administración a remisión de “algún ventilador”, que evidentemente é totalmente insuficiente.

Ata o de agora, a administración sempre deu a pasividade como resposta, a pesar das denuncias presentadas por este sindicato, motivo polo que, este ano con antelación suficiente, esiximos se tomen as medidas correctoras procedentes, e advertimos que en caso contrario tomaremos as medidas de forza procedentes ante as autoridades competentes, pois estase a a xogar coa saúde e o benestar dos traballadores.

Como é sabido, as condicións térmicas existentes nas dependencias dos ditos edificios  resultan insuficientes para garantir unhas condicións adecuadas de seguridade e saúde laboral, especialmente durante os períodos de altas temperaturas, que como ben sabemos, cada ano son mais extremas e mais prolongados no tempo no caso de Galicia, por superar en moitos casos os 27°C.

A ausencia dun sistema adecuado de climatización e ventilación provoca temperaturas elevadas que afectan o benestar, a saúde e o rendemento do persoal traballador e das persoas usuarias do servizo público.

 

Que a normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais establece a obrigación de garantir condicións ambientais adecuadas nos lugares de traballo, entre outras:

A Inspección de Traballo e Seguridade Social e a normativa derivada da Ministerio de Traballo e Economía Social.

A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais.

O Real Decreto 486/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, que establece condicións ambientais adecuadas de temperatura e ventilación.

A Real Decreto-lei 4/2023, relativo a medidas de protección fronte a episodios de altas temperaturas e fenómenos meteorolóxicos adversos.

 

En base do anteriormente exposto, SOLICITAMOS A ADOPCIÓN INMEDIATA DE MEDIDAS:

  1. Que se avalíen de xeito urxente as condicións térmicas e ambientais do edificio e dos postos de traballo afectados.
  2. Que se adopten as medidas correctoras necesarias para garantir o cumprimento da normativa de prevención de riscos laboráis.
  1. Que se proceda á instalación dun sistema adecuado de aire acondicionado, climatización e/ou ventilación que permita manter temperaturas compatibles coa seguridade e saúde das persoas traballadoras e usuarias, adoptándose entre outras as medidas seguintes:

Dispor dun sistema axeitado de regulación da temperatura (aire acondicionado, calefacción, etc), en todo o edificio, de xeito que se asegure que se manteña ésta nos niveis establecidos no RD 486/97 de lugares de traballo (entre 17 °C y 27 °C) durante todo o ano.

Illar de manera axeitada e definitiva todas as fiestras para evitar que entren correntes de aire polas mesmas e arranxar as fiestras que non pechan ben.

Revisar o estado das fiestras en xeral.

Dispor de estores, ou similar, axeitados en todo o edificio que o aillen tanto do calor coma da luz.

 – Estudiar a posibilidade de illar axeitadamente a porta de entrada do centro (A Parda), na planta principal, de xeito que non se xeneren corrientes de aire que afectan a varios postos (información e control, etc)

– Conectar a calefacción polas tardes en épocas de frío no caso de haber persoal traballando.

SOLICITAMOS igualmente que se nos informe por escrito das actuacións previstas e do calendario de execución correspondente.

Non esquezamos que é a administración a responsable de que nos  centros de traballo se adoiten as medidas axeitadas nos supostos en que se excedan os 27° graos de temperatura, mentres non se garantice que a temperatura cumple co establecido no RD 486/97 de lugares de traballo (entre 17°C у 27 °C) durante todo o ano.

Accede ó escrito íntegro presentado: Temperaturas a Parda e Audiencia – 2026_signed

Justificante-PR004A-20260518

Solicitud-PR004A-20260518

A plataforma sindical: SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO -SOLICITA-REUNIÓN URXENTE DE MESA SECTORIAL DE NEGOCIACION

spjinformaA plataforma sindical: SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO (CIG e Alternativas rexeitan formar parte)

INFORMAMOS: Acabamos de presentar escrito, SOLICITANDO:  ⤵️⤵️

🔴 REUNIÓN URXENTE DE MESA SECTORIAL DE NEGOCIACION

🔗 https://drive.google.com/file/d/1bQ29HlTu07afV3lK05Geo4B8AFrtqdg5/view?usp=sharing

Principais reivindicacións:

☑️ Negociación inmediata das RPTs
☑️ Fin das sobrecargas de traballo: esíxense medidas para evitar excesos de xornada non compensados nin retribuídos.
☑️ Creación de equipos estruturais: para garantir especialización real, estabilidade organizativa e seguridade xurídica
☑️ Negociación das decisions dos Coordinadores e dos LAJs Xefes: decisións arbitrarias, cambios de funcións e cargas de traballo fóra da legalidade e sen negociación
☑️ Melloras tecnolóxicas urxentes
☑️ Formación adecuada
☑️ Teletraballo
☑️ Negociación dos espazos físicos  negociar cambios organizativos e problemas relacionados coa prevención de riscos laborais.
☑️ Medidas de choque para salvar o servizo público

◾A unión dos TRABALLADORES e dos Sindicatos é a única solución‼️

SPJ-USO Galicia se moviliza y llama a la unidad sindical frente al caos provocado por la implantación de los Tribunales de Instancia

SPJ-USO Galicia ha culminado hoy una nueva concentración, tras Santiago  y Vigo, en este caso en A Coruña convocada por SPJ-USO, las movilizaciones desarrolladas en los últimos días para denunciar la pésima implantación de la Ley Orgánica de Eficiencia Organizativa en la Administración de Justicia gallega y contra el caos de los Tribunales de Instancia.

SPJ-USO Galicia pide UNIDAD DE ACCIÓN AL RESTO DE SINDICATOS, DENUNCIA QUE LA REFORMA NO PUEDE HACERSE A COSTA DEL PERSONAL, EXIGE MEDIDAS URGENTES Y ANUNCIA QUE MANTENDRÁ LA PRESIÓN!!!

Sigue leyendo