CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE!!!

SABOTAXE Á CARREIRA PROFESIONAL DENDE AS “ORGANIZACIÓNS” STAJ, CUT, CIGA E CSIF, co apoio agora de UXT!!!

AS SENTENCIAS E IMPUGNACIÓNS XUDICIAIS MALICIOSAS DO ACORDO DE TRAXECTORIA PROFESIONAL DA XUSTIZA GALEGA NON IMPEDIRÁN A CONTINUACIÓN DA CARREIRA PROFESIONAL CONSEGUIDA POR SPJ-USO COMO DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE 2018.

ASÍ O ESIXIMOS COA FORZA QUE NOS DÁ SER O SINDICATO MAIORITARIO, E ASÍ O CONSEGUIREMOS NA DEFENSA DOS DEREITOS DE TÓDOLOS TRABALLADORES.

Accede á circular: CARREIRA PROFESIONAL – IMPORTANTE

Tras múltiples xuntanzas de este sindicato con tódolos estamentos da Xunta de Galicia, como sindicato impulsor e firmante da única carreira profesional na Xustiza española, incluída a última xuntanza que foi a da comisión de seguemento do acordo, e pendentes de nova xuntanza en vindeiros días, ACLARAMOS:

  1. No ámbito da Xunta de Galicia o desenvolvemento da carreira profesional está paralizado por segundo ano gracias o traballo dos sindicatos non firmantes do acordo na xunta, CIG e CSIF concretamente, que mais que ós traballadores defenden outros intereses, ó igual que fan na xustiza xunto con STAJ e CUT.
  2. En semanas pasadas coñecéronse duas sentencias “logradas” por CSIF e CIG que o único que conseguen é poñer en perigo o grado 2 de carreira profesional de xustiza para 2022. A pesar de coñecer as consecuencias da xunta de Galicia, CSIF e CIG seguiron coa impugnación do acordo da carreira de xustiza, igual que seguen STAJ e CUT, a pesar de que estes están pendentes de sentencia. Gran traballo por parte de todos eles, que pode deixarnos sen DESENVOLVEMENTO da carreira profesional temporalmente…. difícil saber a quén representan…., sobran palabras, falan os seus feitos.
  3. SPJ-USO segue a garantir que A CARREIRA PROFESIONAL VEU PARA QUEDARSE NA XUSTIZA GALEGA, E NO ANO 2022 COBRAREMOS SEGURO O GRADO 1 DE CARREIRA. NO CASO DOS XESTORES E FORENSES NO 2022 COBRARÁN A MAIORES O TRAMO PENDENTE DO GRADO 1, E NO CASO DE TRAMITADORES E AUXILIOS SEGUIRÁN COBRANDO SEGURO O GRADO 1 ÍNTEGRO (FEITOS, non palabras!!!). Os recoñecementos de grado feitos son plenamente válidos.
  4. AS SENTENCIAS DE XUSTIZA NON SON FIRMES, E SPJ-USO ESIXE A XUNTA DE GALICIA QUE AS RECORRA, como así fará, e ESIXIMOS O DESENVOLVEMENTO DO GRADO 2 PARA 2022, ASÍ COMO O NOVO ACCESO Ó GRADO 1 DE QUÉN AGORA CUMPLA OS REQUISITOS.
  5. O acordo de carreira profesional de xustiza segue plenamente vixente; o acordo da Xunta debe ser replanteado. SPJ-USO propón a execución do acordo de xustiza e  o desenvolvemento do grado 2 en tanto se sustancia o recurso contra as sentencias de xustiza, negociando unha nova versión das cláusulas “tocadas” polas sentencias, que son as referentes ó acceso extraordinario ó grado 2 (base 5). 

  1. Interinos: SPJ-USO conseguiu que se presupuestase a carreira profesional para cobro en 2022 polos interinos de xustiza. No caso dos interinos, STAJ, CUT, CIG e CSIF conseguen que o cobro en 2022 da carreira polos interinos de xustiza esté en serios apuros, ó ir vinculada co acordo da Xunta que foi declarado nulo, e que no caso dos interinos é vinculante co acordo de xustiza, aínda que estamos propoñendo fórmulas para que o cobro en 2022 conseguido por SPJ-USO e xa presupuestado sexa unha realidade, a pesar de todo. As sentencias que algúns tanto venderon que conseguiron ós funcionarios interinos, realmente está a perxudicalos gravemente. Debemos resaltar que non son os interinos os impugnantes, se non “órganizacións con siglas…”
  2. Algúns protestan e recorren xudicialmente acordos; outros traballan con lealdade e acadan resultados, a pesares das dificultados, e SPJ-USO é destes últimos, por eso non nos cabe dúbida de que sacaremos adiante o grado 2 de carreira no 2022, a pesares de ter os enemigos na casa (STAJ, CUT, CIG, CSIF e agora UXT -o novo tonto UgTil-); mais adiante explicaremos os logros e o traballo dos cinco).
  3. SPJ-USO loitará para que o firmado e presupuestado se cumpla, e podemos ser optimistas ó respecto, aínda que somos conscientes de que será con efectos 1 de xaneiro, pero posteriormente, por unha simple cuestión de tempo. Esixirémolo, pelexarémolo e conseguirémolo, non nos renderemos ás primeiras de cambio como outros (UXT, que vende a catástrofe, porque a súa estructura piramidal non lle permite vender en xustiza o que non pode vender na Xunta….. lios de xefaturas….).
  4. A vindeira semana teremos novas reunións, entre outras nova comisión de seguemento, onde a Xunta ten previsto informarnos sobre consulta “xurídica” referente ó desenvolvemente do seguinte grado de carreira a pesares das sentencias e manterémosvos puntualmente informados. Para malinformar xa están outros.
  5. Cál é a postura dos demais sindicatos da Xustiza Galega???:
  1. UXT: firmante do acordo de carreira en xustiza (mero acompañante) e firmante na Xunta; agora, para non perxudicar os intereses do seu amo, UXT Autonómica, que non pode explicar que en xustiza vaiamos mais avanzados na carreira que eles, ás primeiras de cambio malinforma ós traballadores decindo que se acabou a carreira, dase por vencido, e non loita nin apoia a nosa loita de esixir o íntegro cumplimento do acordo – PATÉTICO –
  2. CIG e CSIF: CIG sen apenas representación na xustiza e adicado á política, e CSIF sen representación algunha en Galicia, non firmaron no seu día o acordo e foron o suficientemente embusteros como para boicotéalo e impúgnalo, a pesares de saber polo ocorrido na Xunta o ano pasado, que poría en perigo o maior logro da xustiza galega – NON TEÑEN NADA QUE PERDER, nin que ganar…–
  3. STAJ: Xoga cos nosos dereitos e vende que son “específicos de xustiza” e que queren a carreira dende Madrid, que lle dá mais “réditos” (único que lle importa); Manteñen o seu recurso xudicial a pesar das sentencias xa existentes e das consecuencias que saben pode acarrear… Sen ataduras, din… – O BARATO SAE CARO… –
  4. CUT: Sindicato residual actualmente, dí ter presentado un recurso contra o acordo, aínda que probablemente só o diga de “boquilla” como adoita facer, e non o teña presentado; De telo presentado asume o dano que pode causar ós traballadores. – Ó SEU ROLLO…-
  5. CCOO, xunto con SPJ-USO segue a loitar polo estricto cumprimento do acordo, apoiándonos nas mesas de negociación, feito que agradecemos.

SPJ-USO SEGUE TRABALLANDO E GARANTINDO A CONTINUIDADE DA NOSA CARREIRA PROFESIONAL, E ADEMAIS DE ESIXIR, CONSEGUIRÁ QUE O COBRO DA CARREIRA PROFESIONAL (GRAN LOGRO DESTE SINDICATO) SEXA SEN INTERRUPCIÓN TEMPORAL ALGUNHA (efectos retroactivos), PROPONDO PARA ELO OS MEDIOS AXEITADOS.

SPJ-USO: SINDICATO QUE CONSEGUIU A ÚNICA CARREIRA PROFESIONAL EN XUSTIZA; FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.