
ℹ️➡️ Aquelas persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio en Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola resolución do 27 de setembro de 2023, poderán solicitar a traxectoria profesional a través da OPAX unha vez conste a súa toma de posesión na Dirección Xeral de Xustiza.
▶️Aquelas persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio en Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola resolución do 27 de setembro de 2023, poderán solicitar a traxectoria profesional a través da OPAX unha vez conste a súa toma de posesión na Dirección Xeral de Xustiza
☑️O acceso a OPAX da persoa funcionaria para presentar a solicitude realizarase das seguintes formas:
1️⃣Se dispoñen de certificado persoal/DNI electrónico poderán facer uso do “Acceso con certificado”.
2️⃣No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI pero das cales consta unha dirección de correo electrónico no seu expediente na Dirección Xeral de Xustiza, deberán solicitar unha contrasinal no apartado habilitado na pantalla de acceso de OPAX. O sistema enviaralles instrucións á dirección de correo electrónico
3️⃣No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI e das que non conste unha dirección de correo electrónico, deberán realizar un incidente no acceso habilitado na pantalla de acceso de OPAX
▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 Nota informativa: https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:a3ab5c3e-ba27-451e-88f4-da244ed6ba8f
🔗 Incidentes no acceso: https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:a3ab5c3e-ba27-451e-88f4-da244ed6ba8f




A DXX infórmanos que o 📆 05.04.2024 está prevista a publicación no DOG da Resolución do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024 polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

















