Archivos de la categoría CARREIRA PROFESIONAL

CARREIRA PROFESIONAL

Publicado no DOG a relación de solicitudes estimadas e desestimadas ao recoñecemento extraordinario dos graos 1 e 2 do sistema transitorio de traxectoria profesional

HOXE 04/07/2024 PUBLÍCASE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA Resolución  do 25 de xuño do 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario dos graos 1 e 2 da Traxectoria Profesional.

  • A DXX informa que o pago será na nómina de Xullo, con efectos retroactivos a 1 de abril.

 IMPORTANTE: 
O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia).

 Accede á Resolución no DOG, pica aquí. 

 

CARREIRA PROFESIONAL – GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE 2024 – PUBLICACIÓN NO DOGA DO XOVES 4 DE XULLO

📢🔊 CARREIRA PROFESIONAL – GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE 2024 – PUBLICACIÓN NO DOGA DO XOVES 4 DE XULLO ‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ A DXX infórmanos que o  4.07.2024 está prevista a publicación no DOG da “RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia».

📣 Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia).

ÚLTIMA HORA: CARREIRA PROFESIONAL – RECOÑECEMENTO E COBRO DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 e 2 CONVOCADOS RECENTEMENTE‼️

A DXX infórmanos que «O pago da traxectoria profesional para o persoal ao que se lle reconocera algún dos graos previstos na convocatoria extraordinaria deste ano 2024 é o correspondente á nómina do mes de XULLO».

👉 O cobro será con efectos retroactivos a 1 de abril.

 

CARREIRA PROFESIONAL – RECOÑECEMENTO E COBRO DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 e 2 CONVOCADOS RECENTEMENTE

CARREIRA PROFESIONAL – RECOÑECEMENTO E COBRO DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 e 2 CONVOCADOS RECENTEMENTE!!!

ℹ️➡️ Fontes da DXX informan a SPJ-USO que a comprobación das solicitudes de traxectoria profesional está rematada, polo que o próximamente, e tralos trámites pertinentes, se informará a través da OPAX, no EXPEDIENTE PERSOAL, do recoñecemento de grao correspondente.

🪙 Igualmente infórmannos de que é posible que o cobro, con efectos retroactivos a 1 de abril, se produza na NÓMINA DESTE MES DE XUÑO, e de non ser posible, EN TODO CASO NA NÓMINA DE XULLO.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados!!!

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!

        FEITOS, non palabras!!!

CARREIRA PROFESIONAL – REMATA O PRAZO DE SOLICITUDES PARA ACCESO ÓS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2‼️

 REMATA O PRAZO DE SOLICITUDES PARA ACCESO ÓS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2‼️

➡️ Hoxe 📆 21.05.2024, as 23:59 horas, finaliza o prazo para a presentación de solicitudes de traxectoria profesional para acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

🔴 Destinatarios: Persoal que polo motivo que fose, non cumpría os requisitos nas convocatorias de 2020 e 2022 e agora si os cumplen.

👉 Os graos extraordinarios I e II, en calquera dos corpos, adquirirase no corpo no que se teña a condición de persoal funcionario (de carreira ou interino) o día 📆 31 de marzo de 2024.

 PAGO: producirase de maneira progresiva en 3 anualidades, con efectos económicos do 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dos restantes anos, coa distribución seguinte para todos os corpos:
☑️ En 2024 o 33 %
☑️ En 2025 o 66 %
☑️ En 2026 o 100 % do grado.

👉 Queda excluído do acceso a este réxime extraordinario o persoal que xa tivese recoñecido algún grao da traxectoria profesional na convocatoria de 2022.

🔴 REQUISITOS: Estar en SERVIZO ACTIVO ou SITUACIÓN CON RESERVA DE PRAZA, TER 5 OU 11 ANOS DE ANTIGUIDADE A 31/3/2024 e CUMPRIR UN DOS CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO ART. 4 DO ACORDO (Caso de FORMACIÓN RECIBIDA: 40 OU 80 HORAS).

🔴 SOLICITUDES: Mediante o formulario electrónico dispoñible na OPAX

▪️ Amplía información: ⤵️
https://spjusogalicia.com/publicado-no-dog-acordo-de-traxectoria-profesional-do-que-spj-uso-e-promotor-e-firmante/
DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240405/AnuncioG0690-260324-0001_gl.html