Archivos de la categoría CARREIRA PROFESIONAL

CARREIRA PROFESIONAL

IMPORTANTE: REUNIÓN INFORMATIVA 5/3/24 CO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA SOBRE TEMAS TRATADOS NA CONFERENCIA SECTORIAL ENTRE AS COMUNIDADES TRANSFERIDAS E O MINISTERIO DE XUSTIZA

IMPORTANTE

❌🪙 Con respecto ao conflito de Xustiza entre os 45.000 traballadores deste país e o Ministerio de Xustiza para aumentar o Complemento Xeral de Posto e que desta maneira afectaría a todos os territorios e tódol@s traballador@s, o Ministro de Xustiza responde que 👉 de ningunha maneira vai tocar o complemento Xeral e si o Complemento Específico pero sólo para o seu ámbito Ministerio (sen falar de cantidades concretas), deixando en mans das CCAA transferidas a negociación do seu cos seus Sindicatos.
😡 Entre o Ministerio de Xustiza, e os sindicatos que presumen de «grandes» e de estar en tódalas negociacións…. (CSIF, STAJ, CCOO, UXT) levaron a un camiño sen saída a unión dos Corpos Nacionais deste País; unión demostrada na folga nacional, e que quedou desvirtuada por non querer contar con tódolos territorios e cos seus lexítimos representantes.

🔴 A DXX, respecto do CAT/Complemento específico de Galicia manifesta que neste momento non ten intención de negociar nada, dada a situación retributiva de Galicia no contexto estatal, á espera dos movementos dos demais territorios coa conseguinte clausula de revisión que nos sería de aplicación no seu caso.

📣 En canto á CARREIRA PROFESIONAL ESTATAL, a pesar de que os sindicatos que están en Mesa do Ministerio de Xustiza tentaron vendernos que «era un tema que ía saír e tiña que sair do Ministerio», o Ministero de Xustiza responde que agora mesmo non toca negocialo (menos mal que en Galicia este tema témolo resolto e levamos anos cobrando a nosa propia carreira firmada e impulsada por SPJ-USO).

🔴 Con respecto ás leis pendentes de publicación, o Ministerio infórmarlles que a LEO e as demais leis pendentes, serán publicadas segundo o Ministerio, antes de que acabe o ano 2024.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

CARREIRA PROFESIONAL – NOVA APERTURA DOS GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2.

📢🔊 CARREIRA PROFESIONAL – NOVA APERTURA

ℹ️➡️Despois do traballo realizado por SPJ-USO con reunións continuas coa DXX e con Facenda, e como vos fomos explicando a cada afectado desde fai meses, vanse abrir os graos extraordinarios 1 e 2 para os compañeiros e compañeiras que ou ben estaban fóra da carreira profesional ou quedáronse fora do grao 2 por meses, (exemplos promocións do 2018, 2019 e outras circunstancias).

ℹ️➡️No día de hoxe xa temos a regulación definitiva (pendente de publicación no DOG) e con efectos económicos dende o 1 DE ABRIL. Con esta data asegurámonos tamén que os compañeiros que veñan no concurso de traslados cumpran cos requisitos poderán empezar a súa carreira profesional.

Votaron a favor deste acordo todos os sindicatos excepto CIG que votou en contra.

ℹ️➡️SPJ-USO LOGRA o cambio de data de cumprimento de requisitos de 31/12/23 a 👉 31/03/24, así como que o prazo de presentación de solicitudes sexa de 👉 30 días hábiles (no lugar de 15); todo o anterior para que poidan acceder o maior número posible de funcionarios tanto titulares que veñan no concurso como interinos que cesen polo concurso ou posesión dos novos titulares para que teñan marxe para voltar ó «servizo activo» e así cumprir o dito requisito no prazo de presentación de solicitudes..

▶️Seguimos avanzando en dereitos para os traballadores de xustiza, lembremos que ninguén en xustiza ten carreira profesional SO GALICIA.

Accede o borrador proposta CARREIRA PROFESIONAL: ⤵

PROPOSTA NOVA CONVOCATORIA TRAXECTORIA PROFESIONAL

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

CARREIRA PROFESIONAL – NOVA APERTURA DE GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 e 2 tamén na Administración de XUSTIZA galega

ℹ️➡️ No ámbito da administración de Xustiza, tralos escritos e xestións realizadas por este Sindicato SPJ-USO tanto coa Consellería de Xustiza como coa de Facenda, podemos garantirvos que tamén se vai proceder á apertura dos grados extraordinarios 1 e 2 de carreira profesional a principios de 2024. SPJ-USO está a loitar pola mellora das porcentaxes anuais.

🔴 Achegamos noticia publicada no dia de hoxe 22/12 na Voz de Galicia 👇👇

☑️ «La Administración autonómica abrirá una tercera convocatoria extraordinaria para solicitar la carrera profesional para aquellos trabajadores que en el 2022 no cumplían los requisitos».

☑️ «La previsión es que el plazo para presentar solicitudes se abra ya en el primer mes del año próximo, y permanezca activo unos tres meses».

☑️ «Además, el reconocimiento económico del grado tendría efectos desde el 1 de enero».

🔗 A Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2023/12/21/6000-empleados-xunta-podran-pedir-subida-salarial-800-2700-euros-anuales-enero/00031703177652060911767.htm

 

SPJ-USO VOLVE A REITERAR Á DXX, FACENDA E CONSELLERÍA A APERTURA DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL E A SÚA EFECTIVIDADE O 1/1/24

SPJ-USO REITERA NOVAMENTE  E SEGUE ESIXINDO Á DXX, FACENDA E CONSELLERÍA UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA PARA  OS TRABALLADOR@S QUE  SE ATOPAN FÓRA DO GRAO CORRESPONDENTE DE CARREIRA PROFESIONAL SEGUNDO O ACORDO ASINADO O 28/10/22.

O 28 de outubro de 2022 aprobouse o acordo entre a Xunta de de Galicia e as Organizacións Sindicais para o desenvolvemento do Sistema transitorio do Recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

NO PUNTO QUINTO DO ACORDO EN RELACIÓN AO SISTEMA ORDINARIO DE RECOÑECEMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL  ESTABLÉCESE:

No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento dá traxectoria profesional, para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.

Xa no derradeiro  trimestre do ano e con escaso tempo de manobra para negociar, desenvolver e publicar as bases para a solicitude do Grao Ordinario antes de final de ano, e debido á complexidade da negociación deste sistema a nivel autonómico, desde SPJ-USO REITERAMOS A DENUNCIA de  discriminación que están a sufrir compañeir@s  que se atopan prexudicados ao non poder acceder a este sistema extraordinario  tal e como recollía o acordo asinado. Compañeiros  que vindo no último concurso de traslados con antigüidades superiores a 5 anos, e  compañeiros que por un  mes ou dous non puideron acceder ao grao correspondente na  derradeira convocatoria de acceso, atópanse nunha situación  discriminatoria e inasumible segundo o regulamento orgánico e retributivo dos corpos da administración de xustiza.

É importante apuntar que o número de traballadores que viñeron no último concurso de traslados  con máis de cinco anos de antigüidade así como aqueles que cumpriron neste ano os requisitos para solicitar o recoñecemento de carreira profesional non é elevado;  por tanto débese solucionar este tema coa apertura inmediata dun grao extraordinario 1 e 2 para evitar problemas xurídicos e de índole xudicial.   Recoñecemento  e acceso á  carreira profesional  con efectos 1 de xaneiro de 2024 para  traballador@s que contan cunha antigüidade  profesional de máis de cinco anos, con formación e coñecementos adquiridos  na Administración.

SPJ-USO: Sindicato PIONEIRO, IMPULSOR E FIRMANTE DA CARREIRA PROFESIONAL!!!    FEITOS, non palabras!!!

Accede á NOTA INFORMATIVA CARREIRA 2023

Accede ó ESCRITO APERTURA GRAO EXTRAORDINARIO 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL PRESENTADO

Accede ó Xustificante de presentación -PR004A-20231011

 

Sigue leyendo →

SPJ-USO ESIXE A APERTURA DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL E A SÚA EFECTIVIDADE O 1/1/24

SPJ-USO ESIXE Á DXX UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA PARA  OS TRABALLADOR@S QUE  SE ATOPAN FÓRA DO GRAO CORRESPONDENTE DE CARREIRA PROFESIONAL SEGUNDO O ACORDO ASINADO O 28/10/22

O 28 de outubro de 2022 aprobouse o acordo entre a Xunta de de Galicia e as Organizacións Sindicais para o desenvolvemento do Sistema transitorio do Recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

NO PUNTO QUINTO DO ACORDO EN RELACIÓN AO SISTEMA ORDINARIO DE RECOÑECEMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL  ESTABLÉCESE:

No prazo de seis meses desde a sinatura deste acordo, a Administración proporalle á Comisión de Seguimento o desenvolvemento regulamentario do sistema ordinario de recoñecemento dá traxectoria profesional, para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.

 Xa no derradeiro  trimestre do ano e con escaso tempo de manobra para negociar, desenvolver e publicar as bases para a solicitude do Grao Ordinario antes de final de ano, e debido á complexidade da negociación deste sistema a nivel autonómico,  desde SPJ-USO queremos DENUNCIAR a discriminación que están a sufrir compañeir@s  que se atopan prexudicados ao non poder acceder a este sistema extraordinario  tal e como recollía o acordo asinado. Compañeiros  que vindo no último concurso de traslados con antigüidades superiores a 5 anos, e  compañeiros que por un  mes ou dous non puideron acceder ao grao correspondente na  derradeira convocatoria de acceso, atópanse nunha situación  discriminatoria e inasumible segundo o regulamento orgánico e retributivo dos corpos da administración de xustiza.

É importante apuntar que   o número de traballadores que viñeron no último concurso de traslados  con máis de cinco anos de antigüidade así como aqueles que cumpriron neste ano os requisitos para solicitar o recoñecemento de carreira profesional non é elevado;  por tanto débese solucionar este tema coa apertura inmediata dun grao extraordinario 1 e 2 para evitar problemas xurídicos e de índole xudicial.   Recoñecemento  e acceso á  carreira profesional  con efectos 1 de xaneiro de 2024 para  traballador@s que contan cunha antigüidade  profesional de máis de cinco anos, con formación e coñecementos adquiridos  na Administración.

SPJ-USO: Sindicato PIONEIRO, IMPULSOR E FIRMANTE DA CARREIRA PROFESIONAL!!!    FEITOS, non palabras!!!

Accede á NOTA INFORMATIVA CARREIRA OUTUBRE 2023

Accede ó ESCRITO APERTURA GRAO EXTRAORDINARIO 1 E 2 DE CARREIRA PROFESIONAL PRESENTADO

Accede ó Xustificante de presentación -PR004A-20231011