Archivos de la categoría CARREIRA PROFESIONAL

CARREIRA PROFESIONAL

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO MARTES 9: BORRADOR DE ACORDO DE CARREIRA PROFESIONAL‼️

CARREIRA PROFESIONAL – MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO MARTES 9 de setembro: BORRADOR DE ACORDO!!!

 

ℹ️➡️ A DXX acaba de remitir, tal como lle solicitamos, en relación á convocatoria da Mesa sectorial de xustiza do 🗓️ martes 9 de setembro 👉 proposta de resolución de convocatoria do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario da traxectoria profesional.

🔴 SPJ-USO, como pioneiro, impulsor e firmante do acordo de Carreira Profesional fará as correspondentes alegacións e manterémosvos puntualmente informados.

▪️ Amplía información e accede á proposta: ⤵️⤵️

Accede ó Borrador carreira profesional grado I, II, e III

 

📢🔊 ACLARACIÓN Á NÓMINA DE XANEIRO RESPECTO DA CARREIRA PROFESIONAL‼️

ℹ️➡️ 📣📣 Conforme xa vos temos informado dende SPJ-USO, como Sindicato maioritario, firmante, impulsor e garante da Carreira Profesional, os funcionarios do corpo de XESTIÓN e MÉDICOS FORENSES que este ano 2025 pasan do 80 ó 100 % do grado 2 (así como calquera funcionario de calquer corpo que no grado 1 ou 2 lle corresponda avanzar no tramo) xa teñen incluída na nómina deste mes a suba correspondiente.

 

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO ACORDO DE 2018: INMEDIATA DIMISIÓN DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA E A SUBDIRECTORA!!!

O GRAVE INCUMPRIMENTO, POR PARTE DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA XOSÉ TRONCHONI E DA SUBDIRECTORA XERAL VERÓNICA TELLADO, DO ACORDO DE 2018 ACABAN COA “PAZ SOCIAL” E IMPULSAN ÓS MESMOS, CASO DE CONFIRMARSE, Á SÚA DIMISIÓN!!!

A FALTA DE ESPÍRITU NEGOCIADOR E A BUSCA DE ESCUSAS LEVAN Ó DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA A DICIR QUE NON PROCEDE A APLICACIÓN DA CLÁUSULA DE REVISIÓN DO ACORDO DE 2018, Ó CONSIDERAR A CARREIRA PROFESIONAL UN COMPLEMENTO AUTONÓMICO (escúsase en que a día de hoxe solo existe en Galicia) E POLO TANTO, COA SUMA DA MESMA, A SITUARNOS NAS 3 PRIMEIRAS POSICIÓNS EN CANTO A RETRIBUCIÓNS AUTONÓMICAS SE REFIRE.

SPJ-USO, UGT e CCOO ACUDIRÁN Á VÍA XUDICIAL PARA ESIXIR O ÍNTEGRO CUMPRIMENTO DO ACORDO PUBLICADO NO DOGA DE 30/5/2018.

Recoñecemos o enxeño desta nova DXX na interpretación do acordo, mais lembramos que no artigo 1 do acordo establécese claramente que:

Os complementos retributivos de determinación autonómica son: 1. Complemento autonómico transitorio. 2. Complemento específico.

Estes complementos serán revisados anualmente no terceiro trimestre de cada ano, para os efectos de que a modificación se poida incluír na lei de orzamentos de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se refire.

Posteriormente, xa no artigo 10 recóllese o compromiso de desenvolver a carreira profesional.

ACCEDE Á CIRCULAR INFORMATIVA ÍNTEGRA SPJ-USO – UGT – CCOO COMISIÓN SEGUIMENTO 17-10

 

IMPORTANTE – COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 2018

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 2018 ENTRE A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA E OS SINDICATOS SPJ-USO, UXT e CCOO – 1 de OUTUBRO 2024

🔴 CREACIÓN DE PRAZAS 2025
🔴NOVA APERTURA DOS GRAOS EXTRAORDINARIOS 1, 2 E 3 DE CARREIRA PROFESIONAL.
🔴 CLÁUSULA DE REVISIÓN DO CAT/C.E.
🔴 COMPLEMENTO PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA.

▪️ Accede á información  ⤵️⤵️

Accede á circular SPJ-USO – COMISIÓN DE SEGUIMENTO 1-10

 

DXX: ERRO NA NÓMINA DE XULLO (TRAXECTORIA PROFESIONAL 2024)

ATA AS NARICES

No día de hoxe a DXX comunicanos por correo electrónico a seguinte mensaxe que reproducimos na súa literalidade:

«A aquelas persoas ás que se recoñeceu o grao I ou o grao II na súa traxectoria profesional ao aberiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de febreiro de 2024, polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO., para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza na nómina de xullo, por erro, imputóuselles o 100% do complemento retributivo asociado a este concepto cando, segundo o establecido no artigo 1.3 do devandito acordo, na anualidade 2024 correspondería o 33% da contía correspondente. Na nómina do mes de agosto tramitaranse os oportunos descontos para regulizar a situación.»