
ℹ️➡️ A DXX informa que a publicación da «RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia» está prevista para o 🗓️ 18/05/2026.
⛔⛔ Dende SPJ-USO denunciamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, transporte, etc.
🔥 Igualmente SPJ-USO segue manténdose firme na loita pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.
📣 SPJ-USO: FIN ÓS RECORTES NA ACCIÓN SOCIAL XA!!! POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!
▪️ Manterémosvos puntualmente informados.


















