AVANCE DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA A CELEBRAR HOXE 9/3/2023 ÁS 10:30 HORAS

spjinforma

ℹ️➡️Lembrámosvos que hoxe teremos unha importante mesa sectorial coa seguinte Orde do día, e avanzámosvos as principais reivindicacións de SPJ-USO:

🔴 Orde do día: ⤵️
☑️ Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias.
☑️ Xulgados Violencia sobre a muller.
☑️ Proposta de formación de reforzo para persoal sen experiencia previa nos xulgados.
Puntos informativos:
☑️ Plan de recuperación tras a folga de letrados e letradas da Administración de xustiza.
☑️ Concurso de traslados.
☑️ Lei de eficiencia organizativa.
☑️ Calendario laboral.
☑️ Bolsa de persoal interino para médicos forenses.
☑️ Rogos e preguntas.

PRINCIPAIS ALEGACIÓNS QUE FARÁ NO DÍA DE HOXE SPJ-USO COMO SINDICATO MAIORITARIO.

PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL: Tras anos esixindo a súa regulación, celebramos que no día de hoxe cerrarase un protocolo de acoso laboral para a Xustiza galega.

XULGADOS DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER: SPJ-USO foi o sindicato que esixiu a inclusión deste punto na orde do día; esiximos un plan integral que dea solución á problemática dos Xulgados de Violencia galegos. A administración non nos remitiu borrador sobre o que negociar polo que vos informaremos posteriormente.

FORMACIÓN PARA PERSOAL SEN  EXPERIENCIA E PERSOAL CON NOVO DESTINO DO CONCURSO DE TRASLADOS:  Unha reclamación histórica deste sindicato, o que nós chamamos a “formación de formadores”; unha reclamación que capitaneamos en solitario e que por fin parece que vai sair adiante, retribuíndose a  formación dos compañeiros sen experiencia. A administración non nos remitiu borrador algún, e esixiremos que non sexa unha simple declaración de cara á galería a inclusión deste punto na orde  do día.

ORDE SOBRE O HORARIO E CALENDARIO LABORAL NA XUSTIZA GALEGA

Principais propostas e alegacións de SPJ-USO ó borrador presentado pola Administración:

Como alegación inicial esiximos que se recollan os avances logrados na vía xudicial e negociadora nos últimos 10 anos, por non recollerse todos.

ESIXIMOS  poder acumular os días de asuntos particulares ós 7 días soltos de vacacións.

ESIXIMOS que conforme á normativa estatal se acorde a ampliación (1 de xuño a 30 de setembro)  da xornada de verán para funcionarios con fillos de ata 12 anos inclusive e con diversidade funcional.

ESIXIMOS a  recuperación da bolsa de horas (22,5 horas = ata 3 días de permiso).

Solicitamos a regulación por escrito das PROLONGACIÓNS DE XORNADA, así como a constancia escrita da “media hora de cortesía”.

Esiximos que os días de asuntos particulares  e vacacións se  poidan desfrutar tódolos anos ata o 31 de  marzo.

Solicitamos que no horario de verán se poida realizar a parte flexible horaria ata as 18:30.

Solicitamos a ampliación da xornada reducida de 9 a 14 horas (semana grande) á Semana Santa e á semana de Nadal.

Solicitamos a compensación de un día de asuntos particulares por cada festivo local ou autonómico que coincida en sábado.

 Accede á circular resumo: AVANCE MESA SECTORIAL 9-3-23 

TRALA REUNIÓN INFORMARÉMOSVOS PUNTUALMENTE DE TÓDOLOS PUNTOS DA ORDE DO DÍA.           

  SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.