AVANCE MESA SECTORIAL 09-03-2023

Nestes mesmos momentos estamos  reunidos coa Dirección Xeral de Xustiza . Avanzamos asuntos dos que estamos a tratar

 

🔴🔊FORMACIÓN DE FORMADORES

FORMACIÓN RETRIBUÍDA  DOS NOVOS COMPAÑEIR@S‼️

 Formación de formadores. Conforme á solicitude histórica de SPJ-USO, ó fin conseguimos que a DXX retribuía a formación dos compañeiros que tomen posesión nun novo destino (sexan titulares ou interinos) mediante prolongacións de xornada voluntarias por un mes prorrogable a 2 meses con preferencia no mesmo xulgado….e a solicitude do letrado (baseada na chegada defuncionarios sen experiencia, etc….). A DXX estudiará as solicitudes. Preferencia no propio órgano, en principio.

🔴CONCURSO DE TRASLADOS 2022 – GALICIA‼️

En Galicia quedaron 93 prazas VACANTES/DESERTAS no concurso 20022 ( 23 XESTIÓN, 26 CTPA, 44 AUXILIO)
O “saldo de funcionarios é favorable dado que vanse fóra 10 funcionarios e veñen 39 de fóra.

📣 A solicitude de SPJ-USO procederase á convocatoria urxente de comisións de servizo ou substitucións segundo corresponda con anterioridade incluso á data na que a praza quede efectivamente desocupada.

☑️ A DXX comprométese a negociar de novo e publicar formalmente novos criterios de cese para próximos concursos.
De momento seguen os criterios establecidos para anteriores concursos de traslados, xunto coa instrucción publicada e a normativa de interinos vixente.

🔴 CARREIRA PROFESIONAL‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ CARREIRA PROFESIONAL – GRADO ORDINARIO E COBRO DE GRADO 2 DE XESTORES E FORENSES‼️

 SPJ-USO solicitou a negociación urxente da apertura do grao Ordinario de Carreira profesional. Están pendentes dos avances na función pública galega neste tema.

 Por outra banda, a DXX confírmanos que na próxima nómina de MARZO, COBRARÁNSE OS ATRASOS DO GRADO 2 DE XESTORES E FORENSES, así como procederáse á actualización en nómina do dito grado 2 ós funcionarios que corresponda. De non ser posible na nómina de marzo (cren que si), sería na de ABRIL.

SEGUIREMOS INFORMANDO DO TRANSCURSO DA REUNIÓN

Los comentarios están cerrados.