Archivo diario: 24/04/2026

📢🔊 NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES ➖ 🗓️ 24/4/26!!!

SUBSTITUCIÓNS

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:d27b006e-6a03-4b92-b528-b848d79ef9be

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (27, 28 e 29 de abril).

Sigue leyendo

📢🔊 PUBLICACION DA CONVOCATORIA (UNILATERAL E NON NEGOCIADA) DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO‼️

interinos

📢🔊 IMPORTANTE. BOLSA DE INTERINOS DE GALICIA‼️

ℹ️➡️ O 28.04.2026 está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

ÚLTIMAS INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE CONCURSOS DE TRASLADOS

☑️ CONCURSILLO DE TRASLADOS DOS POBOS
☑️ CONCURSO DE TRASLADOS XERAL 2026 E
☑️ CONCURSO DE TRASLADOS DE LAX

🔴 Concurso de traslados xeral 2026 😡😡 (Xestión, Tramitación e Auxilio): Continuamos coa xa famosa «paz Social» firmada por Staj, Csif, Uxt e o autonómico Ciga para a implantación dos T. de Instancia, que faculta ó Ministerio a facer o que lle dea a gana co beneplácito sindical.

Lembrade que o Ministerio de Xustiza, co beneplácito antes mencionado, SUPRIMIU DIRECTAMENTE UN CONCURSO DE TRASLADOS ANUAL (O DE 2025) para supostamente, en beneficio da tan necesaria Conciliación, convocar o Concurso 2026 no primeiro trimestre do ano. Pois ben, sen excusa algunha, xa non é que non se publique no primeiro trimestre, nin no primeiro semestre, o Ministerio manifesta que intentará publicalo 🗓️ antes do mes de agosto, sen garantía algunha ó respecto.

🔴 Concurso fase I-pobos: A pesar de que con motivo da non publicación de listaxes provisionais neste Concursillo, e tras detectarse algúns erros nas listaxes, concretamente en Andalucía, o Ministerio confirma que se publicarán novas listaxes na web do Ministerio, e que se ratifica na data de publicación no boe, 5 de maio e de ceses: 8 de maio Tramitación e 12 xestión e auxilio.

🔴 Concurso de Traslados de LAX: O Ministerio informou que a publicación no BOE da resolución definitiva será o vindeiro 🗓️ xoves 30 de abril.

CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN ADMINISTRATIVA DA PRAZA OCUPADA CON MOTIVO DO CONCURSO DE TRASLADOS DOS POBOS – «CONCURSILLO»

CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN ADMINISTRATIVA DA PRAZA OCUPADA CON MOTIVO DO CONCURSO DE TRASLADOS DOS POBOS – «CONCURSILLO»‼️

ℹ️➡️ A DXX segue a «liala parda» cos ceses por cambio de situación administrativa dos interinos que están afectados por prazas que se cubrirán no Concurso dos pobos, e ante a multitude de preguntas ó respecto, e a pesar da oposición de SPJ-USO, O CESE DOS INTERINOS PRODUCIRASE NO MOMENTO EN QUE CAMBIE A SITUACIÓN ADMINISTRATIVA/XURÍDICA/MOTIVO DE COBERTURA DA PRAZA, independentemente da data de incorporación efectiva do titular, no seu caso, e sen importar á administración que as prazas queden «DIRECTAMENTE SEN CUBRIR» DURANTE VARIAS SEMANAS NALGÚNS CASOS nin que algún pobo quede prácticamente sen persoal;

👉🪙 Un novo aforro mais para a DXX como consecuencia da famosa paz social firmada a nivel nacional por algúns sindicatos…. e da implantación dos T.I.

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

📢🔊 COMISIÓNS DE SERVIZOS ➖ GALICIA 📆 24/4/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL!!!

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 🗓️ 15/4.

👉 Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:4d6f53eb-4875-41c7-948b-8d2e1190d293