Archivo diario: 17/04/2026

📢🔊 PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2026‼️

 

spjinformaA DXX ven de remitirnos a versión definitiva do programa anual de vacacións, sen acoller ningunha das nosas alegacións ó mesmo. Publicado na Intranet de Xustiza.

Accede ó Programa anual vacacions 2026 – versión definitiva

Accede á circular/resumo – Vacacións 2026

🔴 Ante as preguntas que nos estades a plantexar sobre o programa anual de Vacacións 2026, ACLARAMOS que «As quendas garantirán unha  ⏩ presenza proporcional de todas as clases xurisdicionais ⏪  tendo en conta o establecido na disposición transitoria primeira do RD 1451/2005, do 7 de decembro modificada polo RD 530/2025, do 24 de xuño.

⏹️ No suposto de non haber persoal suficiente para a tramitación ou execución das materias que foran propias destas, o/a Director/a do servizo común que corresponda poderá informar de forma negativa a solicitude de vacacións, en tanto non quede debidamente cuberto o servizo nese equipo, área, ou servizo, segundo corresponda».

Sigue leyendo

ACCIÓN SOCIAL 2026: XUNTANZA COA DXX (17-04-2026)

ACCIÓN SOCIAL 2026
XUNTANZA COA DXX

Hoxe 17 de abril de 2026, mantivemos reunión ca Dirección Xeral de Xustiza, na cal se nos presentou o borrador da Acción Social, sendo unha copia calcada o dos de anos anteriores, remontándonos ó ano 2011 !!

Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento ó borrador, INSTANDO A DXX A SÚA RETIRADA e que se recollan e inclúan nun novo  as alegacións feitas por este sindicato na reunión de hoxe, como son:

A REPOSICIÓN DOS PROGRAMAS EXISTENTES ANTES DO ANO 2021, É DICIR:

1º AXUDA POR FILLOS

2º AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS

3º A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER A ENFERMIDADE DE  KRON, etc…

E POR SUPOSTO MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.

E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

Somos das poucas CCAA que seguimos cunha acción social de vergoña cun único programa e coa misma cantidade desde fai mas de 10 anos.

Dende SPJ-USO, seguiremos apostando por asistir a tódalas mesas de negociación en aras de seguir intentando mellorar as condicións de traballo tanto laborais como económicas, e non como fan outros sindicatos ca non presencia dos mesmos nas reunións.

A vista das alegacións presentadas por parte das Organizacións Sindicais, concretarase a data da publicación no doga.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña un ano mais os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, enfermidade de Kron,  etc…..

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe de masa salarial destinada a este fin.

 POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA XA!!!