Archivo diario: 11/03/2026

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES -11/3/26

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:83e714af-5d21-431f-a55d-3bb24def4e62

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (12, 13, e 16 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

📣📣 Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Accede á normativa 2025 que regula as substitucións: 🔗 https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

⚫ PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:
☑️ En PRAZAS XENÉRICAS:
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo e distinto centro destino.
– Corpo inferior e distinto centro destino.
☑️ PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)
– Mesmo corpo e mesma unidade.
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo, distinto centro de destino.
– Corpo inferior, distinto centro de destino.
En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.
☑️ NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:
– Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se os hai.

Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

NOVAS SUBSITUCIÓNS

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 11/3/26

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  11/03/2026 ‼

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Conselleríahttps://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o pasado 4 de marzo.

ACCEDE AQUÍ A RESOLUCIÓN

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA 11/03/2026

interinosA Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

 FORA DO OPAX

  • SCT TSX ……….CTPA……………LIC ENFERMIDADE
  • SCT TI DA CORUÑA -CIVIL, FAMILIA, INFACIA E CAPACIDADE E MERCANTIL………CTPA…………VACANTE
  • SCEX DA CORUÑA- PENAL…..CTPA……..SUSTITUCIÓN

LUGO

FORA DO OPAX

  •  SCT TI LUGO – CIVIL, SOCIAL………CTPA………SUSTITUCIÓN
  • SCT TI -CHANTADA………………CAX………BAIXA POR IT

OURENSE

OPAX

  • SCT TI- O BARCO DE VALDEORRAS……..CAX   …….DESOCUPADO PERMISO PARENTAL

PONTEVEDRA

OPAX     

  • SCT TI-LALÍN……..CXPA…….DESOCUPADO BAIXA ENFERMIDADE
  • OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL REDONDELA……….CXPA……..DESOCUPADO FAI UNHA SUBSTITUCIÓN   NOUTRA
  • SCT TI DE PONTEVEDRA-CIVIL,SOCIAL,CA, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE…….CXPA… DESOCUPADO POR LICENZA POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE
  •  SCT TI VIGO -PENAL…..CTPA…VACANTE
  • SCT TI VIGO-PENAL….CTPA….VACANTE
  • SCX PONTEVEDRA-REXISTRO -REPARTICIÓN E ASUNTOS XERAIS……………..CAX……DESOCUPADO POR BAIXA POR ENFERMIDADE
  • SCT TI LALIN……..CAX ….. DESOCUPADO POR BAIXA POR ENFERMIDADE
  • SCX VIGO–REXISTRO -REPARTICIÓN E ASUNTOS XERAIS…..CAX… DESOCUPADO POR LICENZA POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE

 

PUBLICADA NUEVA LISTA DE APROBADOS-AUXILIO JUDICIAL ESTABILIZACIÓN. AMBITO MADRID

En la página web del Ministerio de Justicia se publica en el día de hoy una nueva relaciones de aprobados  del proceso selectivo de auxilio judicial, estabilización, concurso del ámbito de la Comunidad de Madrid

Se requiere a las persona aspirante incluida en la nueva relación  complementaria para que presente la correspondiente documentación en el PLAZO DE 3 DÍAS desde el día siguiente a la publicación de la lista complementaria  en la página web del Ministerio.

▪️ Accede aquí a la web del Ministerio de Justicia: 

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/auxilio-judicial-estabilizacion

PUBLICACIÓN DA ORDE QUE REGULA A BOLSA DE INTERINOS O 17-3 E PRÓXIMA CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO SEN NEGOCIACIÓN!!!

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos o seguinte correo electrónico que literalmente di o seguinte:

 

«Seguindo instrucións do Director xeral remíteselle para alegacións, borrador da convocatoria da bolsa de persoal interino. O prazo para facer achegas é ata o próximo venres 13 de marzo ás 14:00 h. Esta Dirección xeral vai darlle prioridade á publicación e resolución da convocatoria dado que como saben as bolsas actuais están esgotadas o que dificulta enormemente a cobertura das prazas por ausencia do titular ou no caso de vacantes.

En canto á Orde que regula a bolsa, a data de publicación no DOG está prevista para o próximo martes 17 de marzo. Respecto da súa tramitación a Orde atende ao establecido na LOFAXGA, con negociación sindical en mesa sectorial do 17.01.2024, 23.05.2024, 17.07.2024 e 4.02.2025. No portal de transparencia no apartado normativa en tramitación, foi publicitada durante o período comprendido entre o 16.10.2024 e o 24.10.2024. O texto conta cos informes favorables do Consello Xeral do Poder Xudicial, da DX de Promoción da Igualdade, da DX de Emprego Público e Administración de Persoal, da DX de Orzamentos e Financiamiento autonómico e por último da Asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia. O retraso na aprobación da Orde entre o inicio do expediente e súa aprobación final estivo condicionado polo desenvolvemento da Nova Oficina Xudicial.»

▪️ Amplía información e accede ó borrador remitido para alegacións: ⤵️

🔗 Proposta Resolucion_convocatoria_Bolsa_interinos_2026
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:8aecab9e-9569-4a18-9e21-bb6c127c9524

Dende SPJ-USO manterémosvos puntualmente informados e oporémonos con tódolos medios ó noso alcance a esta nova IMPOSICIÓN da DXX.

📢🔊 IMPORTANTE ACLARACIÓN Á ORDE E CONVOCATORIA DA NOVA BOLSA DE INTERINOS IMPOSTA POLA DXX‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Ante as múltiples dúbidas e consultas que nos estades a facer sobre a próxima publicación da ORDE e da CONVOCATORIA da nova BOLSA DE INTERINOS ACLARAMOS:

🔴 O que se publica o día 🗓️ 17 de marzo é a ORDE QUE REGULA A BOLSA.

⚫ Respecto da CONVOCATORIA DA NOVA BOLSA DE INTERINOS E PRAZO PARA SOLICITUDES remítennos a convocatoria para alegacións, sen poder precisar a día de hoxe cando vai ser esa nova CONVOCATORIA.