Archivo diario: 04/03/2026

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES ➖ 4/3/26‼️

PUBLICADA  NOVAS  SUBSTITUCIÓNS  ENTRE TITULARES 4/03/2026 ‼


ℹ️➡️  Publicados novos  avisos  de   desocupación  de postos na intranet  de  Xustiza  (https://intranet.xustiza.gal)  e    mais na web da Consellería:   https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision
 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:421132d6-cd60-4385-b0fd-ab13899a48e1

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (5, 6 e 9 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

📣📣 Será REQUISITO estar en SERVIZO ACTIVO, e con destino en Galicia, e LEVAR UN ANO DENDE A TOMA DE POSESIÓN NO POSTO ACTUAL, ben sexa obtido en Concurso de Traslados ou ben en Comisión ou Substitución

🔴 Accede á normativa 2025 que regula as substitucións: 🔗 https://spjusogalicia.com/dog-publicadas-a-nova-normativa-de-substitucions-e-a-modificacion-das-rpts-das-fiscalias/

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

PREFERENCIA nas SUBSTITUCIÓNS:
☑️ En PRAZAS XENÉRICAS:
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo e distinto centro destino.
– Corpo inferior e distinto centro destino.
☑️ PRAZAS SINGULARIZADAS OU CON RPT DIFERENCIADA (gardas, VSM)
– Mesmo corpo e mesma unidade.
– Corpo inferior e mesma unidade.
– Mesmo corpo, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Corpo inferior, distinta unidade e mesmo centro de destino.
– Mesmo corpo, distinto centro de destino.
– Corpo inferior, distinto centro de destino.
En tódolos casos, de haber varios, a preferencia determínaa o maior tempo de servizos prestados no centro de destino e en caso de empate, antigüidade no corpo.
☑️ NAS OFICINAS DE XUSTIZA NO MUNICIPIO:
– Terán preferencia os Xestores do mesmo centro de destino, logo os Tramitadores do mesmo se os hai, e a continuación os Auxilios do mesmo centro de destino.

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:421132d6-cd60-4385-b0fd-ab13899a48e1

CHAMAMENTO DE INTERINOS – GALICIA 4/03/2026

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

 

A CORUÑA

SCT TI. CORUÑA- CIVIL-FAMILIA-INFANCIA E CAPACIDADE, E MERCANTIL – XESTIÓN- SUSTITUCIÓN

OFICINA DE XUSTIZA  DA POBRA DO CARAMIÑAL XESTIÓN-  L.E.

SCT TI DA CORUÑA PENAL

TRAMITACIÓN – COMSIÓN DE SERVIZOS

SCEX DA CORUÑA PENAL– TRAMITACIÓN- LE

SCT TI DE SANTIAGO- CIVIL-SOCIAL, CA, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE- TRAMITACIÓN – L.E

SCX DA CORUÑA- REXISTRO,- REPARTICIÓN E ASUNTOS XERAIS– AUXILIO – VACANTE  

OURENSE

FISCALIA PROVINCIAL – TRAMITACIÓN – LE

SERVIZO COMÚN DE TRAMITACIÓN DO TI CARBALLIÑO –

 TRAMITACIÓN- VACANTE

SERVIZO COMÚN DE TRAMITACIÓN DO TI DE CARBALLIÑO – AUXILIO- COMISIÓN DE SERVICIOS

PONTEVEDRA

SCEX DE VIGO- CIVIL, SOCIAL, CA, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE- XESTIÓN – BAIXA POR ENFERMIDADE

SCT TI DE VIGO-  CIVIL, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE E MERCANTIL- TRAMITACIÓN – REFORZO

SCT TI DE VIGO- CIVIL, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE E MERCANTIL -TRAMITACIÓN- REFORZO

SCT AP DE PONTEVEDRA- TRAMITACIÓN- SUBSTITUCIÓN

SCT TI DE VIGO, CIVIL, FAMILIA, INFANCIA E CAPACIDADE E MERCANTIL- TRAMITACIÓN- SUBSTITUCIÓN

SCT TI DE PONTEVEDRA, CIVIL, SOCIAL, CA, FAMILIA, INFANCIA E CAPACITACIÓN TRAMITACIÓN COMISIÓN DE SERVIZOS

SCX DE VIGO- REXISTRO- REPARTICIÓN E ASUNTOS XERAIS- AUXILIO-  COMISIÓN DE SERVIZOS

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 🗓️ 4/3/26 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería  https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 18/2.

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dfbdf5d7-81cd-4b5a-b2b9-5a5abaf62dd4

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:dfbdf5d7-81cd-4b5a-b2b9-5a5abaf62dd4