Archivo diario: 25/03/2026

ÚLTIMA HORA: DATAS  PROVISIONAIS  OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE  E PROMOCIÓN INTERNA OEP 2025

ÚLTIMA HORA: DATAS 🗓️ PROVISIONAIS  OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE  E PROMOCIÓN INTERNA OEP 2025‼️

ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza comunica que a previsión é, de non haber problemas de última hora coas aulas, celebrar os exames nas seguintes datas: 👇

🔴  Promoción interna o día 🗓️ 20 de XUÑO. 

⚫ Quenda Libre o día 🗓️ 3 de OUTUBRO.

Reiteramos que son datas provisionais.

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 25/03/2026

interinos

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

A CORUÑA FÓRA DE OPAX

PONTEVEDRA

LUGO

OURENSE

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 25/03/2026

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COAS ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  25/03/2026‼

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Conselleríahttps://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o pasado 18/03/2026

Accede no seguinte arquivo as adxudicacións:

20260325_ResoluciónAdxudicación substitucións

PUBLICADO NO DOGA A RESOLUCIÓN DO 18/03/2026, POLA QUE SE RESOLVE O CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS NUN POSTO NO SCT-TI DE FERROL DO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

PUBLICADO NO DOGA A RESOLUCIÓN DO 18/03/2026, POLA QUE SE RESOLVE O CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS NUN POSTO NO SCT-TI DE FERROL DO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

Publicouse no DOG de hoxe 25/03/2026, a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa, polo que se acorda:

Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Resolver o concurso específico adxudicándolle o posto convocado á persoa funcionaria que se relaciona no anexo.

Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN: RESOLUCIÓN DXX RESOL E CONCURSO ESPECÍFICO DE MÉRITOS POSTO DE XESTIÓN