PUBLICACIÓN DA ORDE QUE REGULA A BOLSA DE INTERINOS O 17-3 E PRÓXIMA CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO SEN NEGOCIACIÓN!!!

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos o seguinte correo electrónico que literalmente di o seguinte:

 

«Seguindo instrucións do Director xeral remíteselle para alegacións, borrador da convocatoria da bolsa de persoal interino. O prazo para facer achegas é ata o próximo venres 13 de marzo ás 14:00 h. Esta Dirección xeral vai darlle prioridade á publicación e resolución da convocatoria dado que como saben as bolsas actuais están esgotadas o que dificulta enormemente a cobertura das prazas por ausencia do titular ou no caso de vacantes.

En canto á Orde que regula a bolsa, a data de publicación no DOG está prevista para o próximo martes 17 de marzo. Respecto da súa tramitación a Orde atende ao establecido na LOFAXGA, con negociación sindical en mesa sectorial do 17.01.2024, 23.05.2024, 17.07.2024 e 4.02.2025. No portal de transparencia no apartado normativa en tramitación, foi publicitada durante o período comprendido entre o 16.10.2024 e o 24.10.2024. O texto conta cos informes favorables do Consello Xeral do Poder Xudicial, da DX de Promoción da Igualdade, da DX de Emprego Público e Administración de Persoal, da DX de Orzamentos e Financiamiento autonómico e por último da Asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia. O retraso na aprobación da Orde entre o inicio do expediente e súa aprobación final estivo condicionado polo desenvolvemento da Nova Oficina Xudicial.»

▪️ Amplía información e accede ó borrador remitido para alegacións: ⤵️

🔗 Proposta Resolucion_convocatoria_Bolsa_interinos_2026
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:8aecab9e-9569-4a18-9e21-bb6c127c9524

Dende SPJ-USO manterémosvos puntualmente informados e oporémonos con tódolos medios ó noso alcance a esta nova IMPOSICIÓN da DXX.

📢🔊 IMPORTANTE ACLARACIÓN Á ORDE E CONVOCATORIA DA NOVA BOLSA DE INTERINOS IMPOSTA POLA DXX‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Ante as múltiples dúbidas e consultas que nos estades a facer sobre a próxima publicación da ORDE e da CONVOCATORIA da nova BOLSA DE INTERINOS ACLARAMOS:

🔴 O que se publica o día 🗓️ 17 de marzo é a ORDE QUE REGULA A BOLSA.

⚫ Respecto da CONVOCATORIA DA NOVA BOLSA DE INTERINOS E PRAZO PARA SOLICITUDES remítennos a convocatoria para alegacións, sen poder precisar a día de hoxe cando vai ser esa nova CONVOCATORIA.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.