Archivo diario: 19/12/2025

Nova normativa de SUBSTITUCIÓNS, modificación da RPT das FISCALÍAS e nova normativa de Comisións de servizo‼️DOG DO 22/12/2025 e 23/12.

ℹ️➡️ A DXX informa que o 🗓️ 22/12/2025 está prevista a publicación no DOG das seguintes resolucións:

🔴 RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

🔴 RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Créanse 4 novas prazas que se cubrirán por Comisión de servizos en Xaneiro

📢🔊 A modificación da RPT de Fiscalía afecta a Santiago, Vigo, Ourense e Ferrol.

🔴 A DXX informa igualmente que o 🗓️ 23/12/2025 que está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

Formación Continua de Xustiza para o ano 2026

Xúntase a proposta do Plan de Formación Continua de Xustiza para o ano 2026 que foi remitido para a súa valoración, e no seu caso, aprobación, no vindeiro Consello Reitor da EGAP.

Para propoñer a supresión ou a modificación de edicións de cursos de anos anteriores atendeuse á taxa de demanda do ano 2025 en cada un deles.

A proposta de novos cursos tivo en conta as achegas e alegacións recibidas por escrito ou formuladas na última mesa de formación polas distintas organizacións sindicais.

Darase conta do resultado da proposta, así como do Plan Formativo da EGAP para o ano 2026.

ACCEDE A PROPOSTA DO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA DE XUSTIZA PARA O ANO 2026.

 

📢🔊 COMISIÓNS DE SERVIZOS ➖ GALICIA  ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITA

 

📢🔊 COMISIÓNS DE SERVIZOS ➖ GALICIA  ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITA

 

Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados por Resolución do 4/12/25

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️

🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:e8c379e8-d5cf-4374-859f-d21376073e46?viewer%21megaVerb=group-discover

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

Cuerpo Nacional de Médicos Forenses, acceso libre, Orden PJC/1446/2024, de 10 de diciembre (BOE de 20 de diciembre)

Acuerdo del TCU por el que se elevan al Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes, propuesta con relación de personas que superan el proceso selectivo en cada ámbito territorial, con la nota obtenida en la lengua oficial.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!