Archivo diario: 03/11/2025

CUESTIÓNS RELEVANTES A TER EN CONTA NO PROCESO DE REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS. FASE III

ℹ️➡️ A DXX acaba de remitirnos documento coas cuestións mais frecuentes sobre o proceso de reorganización de efectivos da FASE III.

Este documento tamén será publicado na intranet de Xustiza.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

🔗 Preguntas frecuentes_Reorganización fase III

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

​Xestión Procesual e Administrativa, acceso libre, Orde PJC/64/2024: Acordo corrección listado aprobados e proba adicional.

Xestión Procesual e Administrativa, acceso libre, Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro (BOE do 1 de febreiro).

 

O Tribunal Cualificador Único publica sendos Acordos de corrección de listados de aprobados.

Tamén se publica a data da proba adicional nos ámbitos de País Vasco, A Rioxa e Navarra para os que se abre un prazo de tres días hábiles, a partir do día seguinte á publicación deste acordo, para presentar alegacións ás devanditas relacións a través do correo electrónico gestion-libre-oposicion-2024@mjusticia.es.

🔴A proba adicional será o 15 de novembro de 2025 ás 12:00 horas.

▪️ Accede as notas informativas e listados:

Gestión listado aprobados ministerio

Acuerdo listas de opositores definitiva y Distribución aulas

XESTION_L_APROBADOS-SUPERAN_IDIOMA.xlsx

Listado Solicitudes prueba adicional.xlsx

Distribución aulas – Adicional Gestión 64.24.pdf

ÚLTIMA HORA ESTABILIZACIÓN CONCURSO DE MÉRITOS-OFERTA DE PRAZAS‼️

🔴 TRAMITACIÓN:  Segundo o Ministerio de Xustiza a oferta de prazas do corpo de Tramitación estaba prevista para o 15 de novembro (como informaron algúns sindicatos por ser a previsión inicial), mais é probable que a data sexa finalmente 🗓️ o 21 de novembro.

🔴 AUXILIO E XESTIÓN: O Ministerio xa solicitou ás CCAA que lle remitan as prazas a ofertar nos procesos de estabilización por concurso dos corpos de Auxilio e de Xestión, sen poderse precisar unha data.

🔴 Respecto do proceso de estabilización por concurso para persoas con discapacidade, infórmase que a empresa contratada segue recopilando os méritos e que a principios de novembro terán as listaxes provisionais.

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados!!!.

DOG: PUBLICADOS OS FESTIVOS LOCAIS DE GALICIA PARA 2026

Publicada no DOG RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2026, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede ós festivos locais: ⤵️⤵️

FESTIVOS LOCAIS GALICIA 2026

PUBLICADAS NO BOE XEFATURAS DE LAJS EN GALICIA-CONCURSO ESPECÍFICO FASE III

Orde PJC/1227/2025, do 30 de outubro, pola que se resolve o concurso específico, convocado por Orde PJC/864/2025, do 4 de agosto, para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

🛑PRIMEIRO. Aprobar a proposta de adxudicación da comisión de valoración e resolver o concurso específico de méritos, adxudicando os postos de traballo da referida convocatoria aos Letrados da Administración de Xustiza que no anexo relaciónanse e declarar desertos os restantes postos ofertados.

🛑SEGUNDO. A toma de posesión será o 31 de decembro de 2025 e a do cesamento nos actuais destinos deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles anteriores.

Accede a resolución:⤵️⤵️

Disposición 22099 del BOE núm. 264 de 2025