Archivo diario: 11/07/2025

SPJ USO DEFENDE AOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA ANTE SITUACIÓNS DE ACOSO E INTIMIDACIÓN

📢🔊 SPJ USO TOMA MEDIDAS PARA PROTEXER AOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA ANTE SITUACIÓNS DE ACOSO E INTIMIDACION‼️

ℹ️➡️ SPJ USO, como Sindicato maioritario da Xustiza en Galicia, presentou sendos escritos dirixidos aos medios de comunicación asi como ao Colexio de Avogados da Coruña e ao Xuiz Decano para queixarse da situación vivida o 09/07/2025 polos funcionarios do Servizo Común de actos de comunicación e execución da Coruña (SCACE) nun proceso de desafiuzamento.
🔴Puxémonos en contacto cos medios de comunicación que difundiran imaxes e vídeos onde aparecían os funcionarios da comitiva xudicial CONSEGUINDO A SUA RETIRADA, para protexer a sua imaxe e privacidade.
🔴Tamén remitimos escrito de queixa ao Colexio de Avogados da Coruña dada a actitude do avogado da denunciante, onde pode comprobarse, polos videos difundidos e polo relato dos funcionarios, a actitude chea de xestos ameazantes, aproximándose de maneira invasiva ao espazo persoal dos funcionarios, provocando unha situación de tensión evidente e malestar entre o persoal. Esixíndolles, ademais, diante destes medios de comunicación, de forma vehemente e desproporcionada, unha actuación que non se axustaba aos procedementos establecidos, e ante a negativa dos funcionarios de ceder ás súas pretensións, encarándose verbal e fisicamente a eles. Esta actitude, ademais de ser contraria á dignidade e o respecto que deben imperar no ámbito xudicial, consideramos que vulnera flagrantemente os principios éticos e deontolóxicos que rexen a profesión de avogado.
🔴Como consecuencia destes feitos, tamén comunicamos dita situación ao Decano da Coruña co fin de que tome as medidas oportunas para evitar no futuro estas situacións de desprotección aos funcionarios de xustiza. Tal foi a situación vivida que os funcionarios afectados presentaron denuncia perante o Xulgado de Garda.
ℹ️➡️ A intimidación cara os funcionarios de xustiza é inaceptable e dificulta o normal desenvolvemento da Administración de Xustiza, xerando un ambiente de traballo hostil para quen desempeña as súas funcións públicas. Isto é intolerable!

Tramitación Procesal y Administrativa, acceso por promoción interna, Orden PJC/1436/2024, de 4 de diciembre (BOE de 19 de diciembre)

En la web del Ministerio de Justicia acaba de colgarse la siguiente información en relación al proceso selectivo de Tramitación procesal, promoción interna, Orden 1436/2024:

ACUERDO DEL TRIBUNAL CALIFICADOR ÚNICO POR EL QUE SE PUBLICAN LAS PLANTILLAS DEFINITIVAS DE RESPUESTAS.

CONVOCATORIA AL EXAMEN DE INCIDENCIAS.

Se informa a las personas convocadas a la realización del examen de incidencias.​

FECHA: 18 DE JULIO DE 2025.
HORA: 9:00h.
LUGAR: DIRECCIÓN GENERAL DE JUSTICIA. CONSELLERÍA DE JUSTICIA Y ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. COMPLEJO ADMINISTRATIVO 9 DE OCTUBRE, TORRE 4, SEGUNDO PISO. C/ DEMOCRACIA, 77 – 46018 VALENCIA.

MÉDICOS FORENSES: VINDEIRA PUBLICACIÓN NO DOG/BOE DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS

A DXX ven de comunicarnos que o vindeiro 14.07.2025 está prevista a publicación no DOG e no BOE da Resolución do 18 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses.