
ℹ️➡️ No día de onte ofertouse, por erro, a Comisión de Servizos, unha praza do Corpo de 👉 XESTIÓN P.A. na Adiencia Provincial de Pontevedra, Sección 1ª. Tras comunicar SPJ-USO o erro á DXX, advertido o mesmo, confírmasenos que efectivamente foi un erro a oferta, dado que a praza está cuberta a día de hoxe por un funcionario interino, e infórmasemnos de que non se vai a rectificar a oferta ata que se publique a adxudicación provisional, se ben na aplicación informática xa non se permitirá solicitar a dita praza.
📣 Por outro lado, respecto ó informe preceptivo do LAJ do destino actual, ante as múltiples dúbidas que nos estades consultando, informámosvos que o informe, no caso de ter destino nun pobo dos afectados pola FASE 1 dos Tribunais de Instancia, debe ser en todo caso 👉 INFORME DO LAJ DIRECTOR da Nova Oficina Xudicial.
▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...