SPJ USO DEFENDE AOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA ANTE SITUACIÓNS DE ACOSO E INTIMIDACIÓN

📢🔊 SPJ USO TOMA MEDIDAS PARA PROTEXER AOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA ANTE SITUACIÓNS DE ACOSO E INTIMIDACION‼️

ℹ️➡️ SPJ USO, como Sindicato maioritario da Xustiza en Galicia, presentou sendos escritos dirixidos aos medios de comunicación asi como ao Colexio de Avogados da Coruña e ao Xuiz Decano para queixarse da situación vivida o 09/07/2025 polos funcionarios do Servizo Común de actos de comunicación e execución da Coruña (SCACE) nun proceso de desafiuzamento.
🔴Puxémonos en contacto cos medios de comunicación que difundiran imaxes e vídeos onde aparecían os funcionarios da comitiva xudicial CONSEGUINDO A SUA RETIRADA, para protexer a sua imaxe e privacidade.
🔴Tamén remitimos escrito de queixa ao Colexio de Avogados da Coruña dada a actitude do avogado da denunciante, onde pode comprobarse, polos videos difundidos e polo relato dos funcionarios, a actitude chea de xestos ameazantes, aproximándose de maneira invasiva ao espazo persoal dos funcionarios, provocando unha situación de tensión evidente e malestar entre o persoal. Esixíndolles, ademais, diante destes medios de comunicación, de forma vehemente e desproporcionada, unha actuación que non se axustaba aos procedementos establecidos, e ante a negativa dos funcionarios de ceder ás súas pretensións, encarándose verbal e fisicamente a eles. Esta actitude, ademais de ser contraria á dignidade e o respecto que deben imperar no ámbito xudicial, consideramos que vulnera flagrantemente os principios éticos e deontolóxicos que rexen a profesión de avogado.
🔴Como consecuencia destes feitos, tamén comunicamos dita situación ao Decano da Coruña co fin de que tome as medidas oportunas para evitar no futuro estas situacións de desprotección aos funcionarios de xustiza. Tal foi a situación vivida que os funcionarios afectados presentaron denuncia perante o Xulgado de Garda.
ℹ️➡️ A intimidación cara os funcionarios de xustiza é inaceptable e dificulta o normal desenvolvemento da Administración de Xustiza, xerando un ambiente de traballo hostil para quen desempeña as súas funcións públicas. Isto é intolerable!
Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.