XESTIÓN-MÉRITOS: NOVAS LISTAS DE APROBADOS E CORRECCIÓN NAS NOTAS DE IDIOMA AUTONÓMICO.

XESTIÓN-MÉRITOS (Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro (BOE 27 de decembro): NOVAS LISTAS DE APROBADOS E CORRECCIÓN NAS NOTAS DE IDIOMA AUTONÓMICO.

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o seguinte; con posterioridade á publicación de listaxes o día 20 de maio na páxina de procesos selectivos do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, producíronse modificacións que veñen xustificadas polos seguintes motivos:

1.- Emendáronse erros na puntuación das valoracións das linguas oficiais e do dereito civil.

2.- Resolvéronse recursos de alzada estimatorios que afectaron á puntuación final do candidato.

3.- Algún candidato non achegou a documentación requirida.

Por iso, é preciso publicar unha nova listaxe de persoas que aproban o proceso selectivo conforme á orde que ocupan na listaxe complementaria e que han de presentar a documentación acreditativa no modo establecido na Base 8, no prazo de 5 días, que poderá ser remitido á dirección de correo electrónico: procesos.selectivos@mjusticia.es. 

▶️NOTAS POR AMBITO TERRITORIAL:

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.