Archivo diario: 20/07/2023

SPJ-USO SOLICITA Á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA A PUBLICACIÓN DAS INSTRUCCIÓNS NECESARIAS PARA A APLICACIÓN DOS PERMISOS DA ÚLTIMA REFORMA

INSTAMOS Á DXX PARA QUE DE MANEIRA URXENTE PUBLIQUE A DEBIDA INSTRUCIÓN PARA INCORPORAR A REFORMA INTRODUCIDA NO RÉXIME XURÍDICO REGULADOR DA CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E PROFESIONAL DOS FUNCIONARI@S DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (EBEP)

No BOE do 29/06/2023 publicouse o Real Decreto-lei 5/2023, do 28 de xuño no que se modifica o noso réxime xurídico en relación a conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores; aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, introducíndose modificacións no réxime de permisos

NOVIDADES PARA APLICAR:
🔴DESFRUTE DE CINCO DIAS HÁBILES: En canto ao permiso por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario do cónxuxe, parella de feito ou parentes ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade, así como de calquera outra persoa distinta das anteriores que conviva co funcionari@ no mesmo domicilio e que requira o coidado daquel
🔴 PERMISO DE CATRO DIAS HABILES: Cando se trate de accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario, dun familiar de segundo grao de consanguinidade ou afinidade (non convivinte)
🔴PERMISO NON RETRIBUIDO DE 8 SEMANAS: Permiso parental para o coidado dun fill@ ou menor en acollida por tempo superior a un ano, ata o momento no que o menor cumpra oito anos: a súa duración non será superior a oito semanas, continuas ou descontinuas, poderá desfrutarse a tempo completo ou en réxime de xornada parcial, cando as necesidades do servizo o permita e conforme aos térmos que regulamentariamente se establezan

SOLICITAMOS:

A) Que a maior brevidade posible se dispoña unha instrución de carácter urxente, para que os funcionari@s galegos, poidan acollerse ao aproveitamento destes permisos dado que no propio Real Decreto-Lexislativo, na súa Disposición final novena, xa se indica que a súa entrada en vigor será ao día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado». En consecuencia, a Administración chega moi tarde na súa posta en marcha. Mentres non se adecúa o OPAX a esta normativa pódense habilitar vías alternativas, como a solicitude a través dun correo electrónico, que posibilite dita concesión, dado que na actualidade os medios tecnolóxicos son infinitos e non debería ser esta unha argumentación valida para a non aplicación dos mesmos.

B)Tamén se solicita, como non pode ser doutra maneira, que o permiso de 8 semanas sexa retribuído, xa que as circunstancias do funcionario solicitante adoitan estar debidamente acreditadas e fundamentadas, polo que tratándose dunha necesidade, debe entenderse que debe ser retribuído. No art. 8 da propia Directiva europea xa establece o seu carácter remunerado, fixando dita obrigatoriedade na retribución coa redacción dada no art. 20, aínda que establece que os Estados membros poñerán en vigor, como moi tarde o 2 DE AGOSTO DO 2024, as disposicións legais precisas para fixar dita remuneración.

XUSTIFICANTE PRESENTACION DE ESCRITO.- Justificante-PR004A-20230719

ACCIÓN SOCIAL 2023: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

ACCIÓN SOCIAL 2023: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 

Hoxe día 20 de Xullo mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023.

🔴Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 132,  das cales, 125 son solicitudes simples, 16 dobres e  1 tripla.

NÚMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 142

SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 88 que corresponden a 96 beneficiarios.

SOLICITUDES DENEGADAS: 43 as cales corresponden a 44 beneficiarios.

🔳Asimesmo, a DXX infórmanos de que a principios do mes de setembro será remitido ó DOG para a súa publicación. Lembrade que dende o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

🔳 A data de pagamento, como todos os anos,  será o longo do mes de outubro.

🔳 Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

▪️ _Para calquer dúbida ou aclaración non dubides en contactar c@s delegad@s sindicais de SPJ-USO._

SPJ-USO: _Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!_ 

        FEITOS, _non palabras!!!_