Archivo diario: 27/04/2023

GALICIA – SERVIZOS MÍNIMOS na folga xeral os días 4, 9, 10, 11, 16, 17 e18 de maio – convocado comité de folga‼️

A DXX convoca a SPJ-USO e demais sindicatos membros do Comité de Folga para mañá venres, 28 de abril ás 10:00 h, aos efectos de dar trámite de audiencia á proposta de servizos mínimos, que se xunta, dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral os días 4, 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de maio de 2023 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.

FUNCIÓNS CLARAS‼️

 RETRIBUCIÓNS XUSTAS‼️

ÚLTIMA HORA- DATAS DEFINITIVAS DOS EXERCICIOS DAS OPOSICIÓNS DE TURNO LIBRE- REPOSICIÓN – OEP 2020/21/22

Corrección de erros das datas de exame de Xestión e Tramitación publicadas no BOE de 26 de maio.

Polo Ministerio de Xustiza infórmasenos que se remitiu ó BOE unha rectificación do erro na publicación de onte na que se indicaba que a data dos exames de Xestión e Tramitación da quenda libre eran ambas o 21 de maio.
– Dita modificación será publicada «de inmediato».

–  En consecuencia as datas definitivas dos exercicios da OPOSICIÓN LIBRE son as mesmas das que se informou:

🔴 20 de maio – Auxilio
🔴 21 de maio – Xestión
🔴 27 de maio – Tramitación

  • O chamamento será ás 9:00 horas