
Resolución do Director Xeral de Xustiza pola que se establecen instrucións específicas respecto a designación do persoal encargado de realizar os servizos mínimos, control e seguimento da folga indefiniDa convocada dende o próximo día 17 de abril de 2023, con paros paciais de 10 a 13 horas todos os días de luns a venres, salvo festivos e exceptuando o día 19 de abirl de 2023 que se inciará a partir das 00.00 e finalizará ás 23.59 horas dese mesmo día no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia.
1° Información para o persoal que secunde a folga:
Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga. Con todo, e aos únicos efectos de realizar un adecuado seguimento desta, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS, onde o persoal funcionario que secunde a folga deberá rexistrar as 10 h a saída, sexa ou non efectiva, e de novo, as 13 h, a entrada, para os días de paro parcial.
Para os días de paro de xornada completa, bastará con non fichar a entrada.
Periódicamente esta información será remitida aos letrados e letradas de cada unidade xudicial, subdirectores/as do IMELGA, e responsables da Fiscalía, no seu caso, para verificar a información que trastada o sistema de control horario, para poder dirimir aqueles casos nos que se secundara a folga que non foran rexistrados a través do sistema kronos.
A estes efectos, o persoal funcionario chamado a folga que non rexistre estas paradas parciais ou que fiche con normalidade o día do paro completo, entenderase que non secunda a folga.
O persoal que por diversas razóns non teña acceso nestes días ao sistema de control horario deberá poñelo en coñecemento da subdirección xeral de persoaL a través do seguinte correo electrónico xuridico. rrll.xustiza@xunta. gal.
2° Establecemento de servizos mínimos:
Para facer efectiva a designación do persoal funcionario que debe prestar os servizos mínimos sinalados na Orde do 12 de abril de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 17 de abril de 2023 nos centros de traballo da Administración de Xustiza de Galicia, seguiranse os seguintes criterios:
1. Cando haxa máis dunha persoa do correspondente corpo, así como no resto de supostos, para a designación das persoas encargadas de facer os servizos mínimos, seguirase un criterio de orde alfabética do primeiro apelido do persoal funcionario, comezando pola letra «V».
2. Esa persoa designada terá como persoal substituto/a, a seguinte persoa á que lle correspondería segundo o establecido no punto anterior, e así sucesivamente, salvo o establecido no punto 3.
3. No caso dos auxilios compartidos entre órganos ou seccións, corresponderalle ao funcionario/a de auxilio de cada sección ou xulgado con numeración par en primeiro lugar, despois o impar, seguido do criterio da orde alfabética.
Así mesmo, en relación á organización do servizo:
A persoa nomeada substituta será a persoa designada encargada de facer os servizos mínimos na seguinte semana e así sucesivamente.
Os servizos mínimos serán establecidos con periodicidade semanal, de martes a martes. A primeira quenda, ao caer o primeiro día da folga en luns, será do luns 17 ao luns 25 de abril.
No caso de ausencias xustificadas do posto de traballo, a persoa designada será suplida pota seguinte persoa á que lie toque ser servizo mínimo.
Nestes casos, esta suplencia non implicará cambios respecto da semana na que lle corresponda exercer como servizo mínimo.
Recordase que tal e como establece a Orde do 12 de abril, os servizos mínimos serán prestados en todo caso de forma presencial.
VER NOTA PUBLICADA NA INTRANET ⤵⤵



















