ℹ️➡️ Ante as informacións difundidas no día de onte e hoxe sobre a COINCIDENCIA NUNHA MESMA FIN DE SEMANA DOS EXAMES DA OPOSICIÓN LIBRE – OEP 2020/21/22, e sobre as POSIBLES DATAS DOS EXAMES, postos en contacto dende SPJ-USO co Ministerio de Xustiza maniféstasenos:
🔴 Que están valorando a posibilidade de celebrar os 3 exames (Xestión, Tramitación e Auxilio) nunha mesma fin de semana, pero en días diferentes (venres, sábado e domingo). En ningún caso os 3 exames se celebrarán o mesmo día como se informou por algunha organización sindical.
👉 Dende SPJ-USO manifestamos a nosa disconformidade e oposición a esta decisión do Ministerio de Xustiza por considerala inaceptable 😡😡
🔴 O Ministerio de Xustiza manifesta non poder informar de momento sobre a data dos exames dado que entran en “xogo” diferentes administracións, e que informarán da posible data tan pronto como poidan.
▪️ Dende SPJ-USO manterémosvos puntualmente informados.