NOVO IMPOSTO NAS NÓMINAS DA SEGURIDADE SOCIAL EN 2023 – MEI
Unha vez recibidas as nosas nóminas de xaneiro de 2023, e ante as multiples consultas e dúbidas que nos estades plantexando referentes á aplicación dun desconto adicional nas mesmas do 0,10 % ACLARAMOS:
O “MEI” (MECANISMO DE EQUIDADE INTERXERACIONAL) é un novo tributo que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2023, que ten como obxectivo fortalecer o sistema de pensións a largo prazo e que eleva o tipo de cotización a pagar á Seguridade Social tanto por parte do empleador coma do empregado. Foi aprobado na reforma das pensións e publicado no BOE do 28 de decembro de 2021, e implica un aumento na cotización do 0,6 % por continxencias común, que paga 0,5 % o empregador e 0,10 o empregado, que é o que nos descontas nas nosas nóminas ós funcionarios do réxime da S. Social, polo que no que respecta ós funcionarios de Xustiza é aplicable ós funcionarios titulares ingresados na Administración a partir do 2011 así como ós interinos (non aplicable ós funcionarios de clases pasivas).
Para calquera dubida ou aclaración contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.