Archivo diario: 15/02/2023

CHAMAMENTOS INTERINOS 15/02/2023

interinosCHAMAMENTOS DE

INTERINOS 15/02/2023

No día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza, autorizou chamamentos de persoal interino para prestar servizos nos seguintes Órganos:

A CORUÑA

TRAMTACIÓN

  • XDO.  PRIMERA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 4 DE BETANZOS — BAIXA ENFERMIDADE .
  • XDO PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 2 DE FERROL– SUBSTITUCIÓN

PONTEVEDRA:

XESTIÓN

  • AUDIENCIA PROVINCIAL . SECCIÓN 5ª PONTEVEDRA (SEDE VIGO)– BAIXA POR ENFERMIDADE.

  TRAMITACIÓN

  • XDO PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº 1 MARIN– BAIXA POR ENFERMIDADE
  • DECANATO SERVIZO COMUN DE APOIO DE VIGO

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA-15/02/2023- PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️

COMISIÓN DE SERVIZOℹ️➡️ 15/02/2023 – Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas das últimas comisións de servizos ofertadas o 19 de xaneiro 2023.

ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS COMISIÓN DE SERVIZO

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de
servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS COMISIÓN DE SERVIZO

CONCURSO DE TRASLADOS – IMPORTANTE – PRAZOS POSESORIOS – NOVIDADE PARA O PERSOAL QUE REINGRESA NOUTRO CORPO

spjinformaCon respecto ó Concurso de traslados 2022 dos corpos xerais de Xestión, Tramitación e Auxilio, como vos informamos, a publicación no BOE está prevista para o 📆 10 de marzo.

🔴 Os cesamentos serán:
☑️ 23 de marzo Tramitación.
☑️ 30 de marzo Auxilio e Xestión.

🔴 Tomas de posesión – NOVIDADE IMPORTANTE PARA OS  REINGRESOS, segundo nos informa o Ministerio:
TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.

👉 No caso de reingresos: O persoal reingresado a un novo Corpo que, por norma xeral, podía comezar o prazo posesorio a partir do día da publicación da resolución definitiva no BOE, deberá comezar a contar o seu prazo posesorio (20 días) a partir das mesmas datas de cesamento do resto dos funcionarios en situación de servizo activo. Iso, segundo o Ministerio, por necesidades do servizo, segundo o establecido no art. 52.1 do RD 1451/2005, por motivo do peche do sistema Aino@

(En anteriores concursos, conforme á normativa reguladora, no caso de reingreso dispoñíase de 20 dias dende o mesmo día da publicación no BOE)