Archivo diario: 26/04/2022

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES 26/04/2022

PUBLICADOS NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS NA INTRANET DE XUSTIZA  26 DE ABRIL DE 2022

 

 

✅🔴 PRAZO DE SOLICITUDES:  27, 28 e 29 de abril.

✅🔴 Modelo de  solicitude: Anexo II bis

✅🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

✅🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

⏩ Accede ó arquivo pdf coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS:

SUBSTITUCIÓNS, PRAZAS OFERTADAS 26-04-22

CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO: 26 DE ABRIL DE 2022

Resolución do Director Xeral de Xustiza do 26/04/2022, pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas ao Servizo da Administración de Xustiza.

Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Prazo e modelo para presentar ás solicitudes5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación. En tanto non se habiliten a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como Anexo II da convocatoria.

Sigue leyendo